This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Thu Nov 21 16:09:55 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Información FGM - Nova Regulación sobre a práctica deportiva federada a partires do 21 de xaneiro 2021 --------------------------------------------------- Información FGM - Nova Regulación sobre a práctica deportiva federada a partires do 21 de xaneiro 2021 Solicitan dende a Federación Galega de Montañismo que lle deamos máxima difusión a esta información. << Información importante para a práctica deportiva que vai entrar en vigor esta noite as 00,00 horas. Aféctanos a todos e todas as federadas sen excepción. As novas con condicións para o deporte federado son as seguintes: *Aprázanse todas as competicións da FGM de todas as especialidades deportivas. *Aprázanse todos os cursos de formación deportiva da FGM. *Todos e todas aquelas deportistas que vivan nun municipio confinado, non se poderán desprazar fora del para os adestramentos. *A FGM non pode emitir certificados de mobilidade e quedan sen efecto os expedidos ata hoxe. *O adestramento terá que ser fundamentalmente individual, e en caso de ser grupal, o número máximo será de catro, excluíndo ao adestrador - monitor. *É obrigatorio o cumprimento do toque de queda. Hai que rematar con antelación o adestramento para atoparse na casa segundo o toque de queda vixente. *Aqueles clubs que teñan salas de adestramento terán que cumprir a normativa: grupos máximos de catro, excluíndo o técnico, e sempre que non se supere o 50 % do aforo permitido. A día de hoxe non temos data de cando se desactivaran as restricións, supoñemos que estará en función da evolución da pandemia. A todo o colectivo de federados vos pedimos paciencia e especialmente moita precaución para non verse afectado ou afectada pola enfermidade da COVID-19. Animámosvos a manter programas de adestramento adaptados á nova situación, sendo conscientes de que esta situación remitirá e a nosa vida volvera a ser normal. Enlace web para a Orde de 19 de xaneiro, DOG 11-Bis José Manuel Pérez Prego Director Técnico da FGM >> --------------------------------------------------- Images: https://xistra.org/wp-content/uploads/logofgm-150x150.png --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2021-01-20 18:43:12 Post date GMT: 2021-01-20 16:43:12 Post modified date: 2021-01-20 18:43:12 Post modified date GMT: 2021-01-20 16:43:12 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com