This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Fri Mar 29 11:50:19 2024 / +0000 GMT

Marcha e Campamento Infantil - Xuvenil 20-21/06/2015



Marcha Infantil 2010

Marcha Infantil 2010

Xistra organiza o Campamento e Marcha Infantil - Xuvenil da FGM os días 20 e 21 de xuño. Será na serra do Xurés, en Albite. Os nenos poderán poñer as súas tendas xunto ó refuxio, ou durmir no mesmo. Os interesados deberedes inscribirvos en Xistra ou na FGM.

Lamentamos comunicarvos que esta actividade foi aprazada sine die por la escasa inscrición de clubs e o reducido número de rapaces anotados. Dende Xistra, por unha parte queremos pedir desculpas, en nome da Federación e do noso club, ás persoas que estaban inscritas por esta molestia totalmente allea a elas; e por outra banda desexamos destacar que, a pesares desta penosa situación, non perdemos ilusión en poder realizar unha actividade interesante e divertida cos rapaces nalgunha fin de semana de setembro ou outubro.

 

 


Post date: 2015-05-30 16:20:57
Post date GMT: 2015-05-30 14:20:57
Post modified date: 2015-06-26 12:11:18
Post modified date GMT: 2015-06-26 10:11:18

Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. MS Word saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com