This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Fri Sep 27 9:24:16 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Marcha nocturna de adestramento en 25 km 15-16/06/2024 --------------------------------------------------- Marcha nocturna de adestramento en 25 km Continuando coa preparación da marcha dos 100 km, propoñémosvos unha marcha singular: 25km entre Zamáns, Aloia, Arruídos e retorno a Zamáns, con tramos nocturnos. A saída prevista sería de día, ás 19:00 horas do sábado 15 dende o parque forestal de Zamáns (390 m), para subir ata o Coto Mediodía (654 m) (ascensión opcional), seguir o sendeiro en dirección ó monte Aloia (633 m). Aquí faremos unha parada no cumio para ver anoitecer e cear (hai que levar os propios víveres e bebidas pois non garantimos que o bar estea aberto). Esta noite será de lúa crecente, e deberemos deberemos levar frontais e luces de emerxencia para cando transitemos por estradas. O retorno será nocturno e con ascensión ata o monte Arruídos (709 m), onde chegaremos despois das 24:00, polo que será unha ascensión no domingo 16 ás primeiras horas. Despois retomaremos o camiño en dirección a Zamáns pola ruta máis longa pero con menos riscos. A actividade será confirmada en función da climatoloxía con 2/3 días de antelación. Obrigatorio inscribirse antes do día 13/06/2024 https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/83/Marcha-nocturna-de-adestramento-en-25-km-15-16062024/ --------------------------------------------------- Images: https://xistra.org/wp-content/uploads/MarchaNocturna2023-150x150.jpg https://xistra.org/wp-content/uploads/MarchaNocturna2023-II.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2024-05-31 13:00:21 Post date GMT: 2024-05-31 11:00:21 Post modified date: 2024-05-27 13:10:45 Post modified date GMT: 2024-05-27 11:10:45 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com