This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Thu Mar 28 19:08:29 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Percorrido de Esquís e Raquetas FGM - Cambios Importantes --------------------------------------------------- Nunca neva a gusto de todos! ATENCIÓN: Primeiro porque había moita neve en po e non podiamos chegar a Ancares; logo porque estaba todo reservado e coincidía coas festas de entroido; agora porque todos temos outros compromisos... Pois hai que tirar partido da neve antes de que marche!! Así que, despois de moito falar entre responsables de Xistra e da Federación, acordamos facer esta actividade federativa tan especial o día 22 de FEBREIRO en MANZANEDA. Haberá un percorrido de esquí por Cabeza de Manzaneda e outro de raquetas dende Requeixo ata O Seixo. Finalizadas as 2 actividades podemos achegarnos ata Chandrexa para comer. Dada a nova organización da actividade, é preciso que todos vos volvades a inscribir no formulario web que tendes na parte superior dereita desta páxina. Importantísimo que indiquedes se ides a ESQUÍ ou a RAQUETAS. Aqueles que estaban inscritos anteriormente e que xa abonaran a reserva, recibirán en breve o reintegro da súa inscrición. Agardemos que non haxa máis contratempos... Punto de encontro: Chandrexa de Queixa (xunto bar Gerardo) ás 9:00h am. do 22/02/2015. Obrigatorio inscrición previa. --------------------------------------------------- Images: http://xistra.org/wp-content/uploads/Copia-de-DSCN2897-150x150.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2015-02-14 14:38:53 Post date GMT: 2015-02-14 12:38:53 Post modified date: 2015-02-19 13:52:01 Post modified date GMT: 2015-02-19 11:52:01 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com