This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Sun Nov 24 0:23:06 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Ponteareas25km 2022 Solidaria 16/10/2022 --------------------------------------------------- OPEN ANDAINAS 25 km PONTEAREAS25km V Proba da COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 25KM 2022 Ponteareas25km e Ponteareas12km 2022 - Andainas solidarias O 16 de outubro vanse celebrar unhas Andainas Solidarias a favor do Centro de Reparto de Alimentos do Concello de Ponteareas, pola contorna municipal. INSCRICIÓN XERAL PARA PONTEAREAS25KM E PONTEAREAS12KM. INSCRICIÓN SÓ PARA SOCIOS DE XISTRA. Información da ruta: Andaina aberta a tódalas persoas interesadas en facer deporte e colaborar co Centro de Reparto de Alimentos, adultos e nenos maiores de 14 anos. Distancias: Dúas distancias: 25 km e 12 km aproximadamente Dificultades: Media-Alta (25km) e Media-Baixa (12km) Os beneficios da recadación acadada serán entregados ó Centro de Reparto de Alimentos. Os participantes deberán aportar «víveres non perecedoiros» para axudar ao «Centro de Reparto de Alimentos do Concello de Ponteareas» (aceite; leite [semi, desnatada e sen lactosa]; garavanzos e feixóns en conserva; verduras en conserva; froita en conserva; potitos variados; atún; arroz; salsa de tomate; galletas). Prezos: Participante na Andaina: 13 € Participante na Andaina federado FGM/FEDME: 10 € Colabora sen participar nas andainas: 6 € Prezos colaboracións especiais: Colaboración Extra: 6 € Colaboración Plus: 12 € Colaboración Superior: 20 € (Nota: as colaboracións non reciben os beneficios fiscais da Lei49/2002 e RD 1270/2003) Nota Federados FGM/FEDME OS FEDERADOS FEDME/FGM DEBERÁN OBRIGATORIAMENTE PRESENTAR O SEU DNI E A SÚA LICENZA NO MOMENTO DA ACREDITACIÓN. DE NON FACELO A ORGANIZACIÓN CONSIDERARÁ QUE NON ESTÁN FEDERADOS E NON PODERÁN PARTICIPAR XA QUE NON TERÁN SEGURO OBRIGATORIO. Peche de inscricións: Martes, 11 de outubro ás 23:59 horas Outras informacións Acreditacións: ás 8:15 no Parque da Feira Vella (proximidades do Xulgado, Facenda e Estación Autobuses). Pincha aquí para obter a localización (https://goo.gl/maps/WfrYuZ9LRUEJT2P4A) Farase entrega do Dorsal a cada participante. Punto de saída: Parque da Feira Vella. Hora de saída marcha 25km: 9:00 am Hora de saída marcha 12km: 9:30 am Punto de chegada: Pavillón Álvaro Pino (https://g.page/AlvaroPinoComplejoDeportivo?share) O percorrido da ruta estará sinalizado con frechas e cintas. Inscríbete canto antes. Non te demores. Anímate: A túa axuda é fundamental Convida a tódolos teus amigos e coñecidos! COLABORA CON NÓS!!! Importantísimo Os menores de idade deberán ir acompañados obrigatoriamente dun adulto que se faga responsable. Obrigacións recollidas no Regulamento FGM 2022 para as probas de 25km: OS PARTICIPANTES DEBERÁN LEVAR O SEU VASO PROPIO. Os avituallamentos líquidos serán en vaso ou a granel, polo que cada participante deberá levar unha cantimplora ou similar para poder encher nos controis. Lembramos o Artigo 17 do Regulamento en vigor: Obrigas dos participantes: a) Levar a licenza federativa vixente (se corresponde) acompañada do DNI que deberá estar presentada a calquera membro da organización que o solicite. b) Seguir as indicacións dadas por calquera membro da organización. c) Avisar en caso de incidencia ou abandono ao control ou aviso máis próximo, ou á organización por medio do teléfono indicado na tarxeta ou dorsal. d) Prestar asistencia aos participantes que precisen axuda. e) Respecta as propiedades, as casas de labranza e os cultivos en xeral. f) Non danar á natureza nin deixar residuos. g) Non participar con cans ou outros animais de compañía. h) Quedará prohibido comunicar información relativa á estratexia da marcha entre participantes, utilizando teléfonos móbiles, walkie-talkies ou calquera outro medio. i) Deberán levar o material necesario: a)- Sistema de hidratación b)- Roupa adecuada ás condicións meteorolóxicas c)- Mochila ou equivalente d)- Frontal no caso de que a proba sexa de noite ou haxa que cruzar por túneles. e)- Elementos reflectores (en caso de cruzar estradas) j) Ademais deste material mínimo, a entidade organizadora terá competencias para solicitar calquera outro material que, polas características da proba, sexa necesario. k) O feito de que o participante se inscribe nunha proba é indicación de que coñece o seu regulamento. SON ESPECIALMENTE RELEVANTES OS PUNTOS F) e G). f) Non danar á natureza nin deixar residuos. g) Non participar con cans ou outros animais de compañía. Non tendo autorización para unha proba con animais, as Autoridades, a Federación e os Seguros Deportivos e Seguros de Responsabilidade Civil da proba prohiben a súa participación. Pregamos a tódolos participantes cumpran con esta normativa ou serán apartados da andaina e do Open. Máis información: Teléfono/s: 644 58 32 50 (ou 654 165 730 só para urxencias) E-mail: info@xistra.org Web Xistra: https://xistra.org/ Web Open25km: https://25km.es/ Facebook Xistra: https://es-es.facebook.com/Clube.Xistra/ Web Concello de Ponteareas: https://ponteareas.gal/ --------------------------------------------------- Images: https://xistra.org/wp-content/uploads/logo25km-azul-150x150.png --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2022-09-19 12:26:47 Post date GMT: 2022-09-19 10:26:47 Post modified date: 2022-10-18 14:20:22 Post modified date GMT: 2022-10-18 12:20:22 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com