This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Thu Nov 21 12:44:14 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Ponteareas25km 2023 - Nova data 26/11/2023 --------------------------------------------------- OPEN ANDAINAS 25 km PONTEAREAS25km PONTEAREAS12km III Proba do OPEN DE ANDAINAS DE 25KM 2023 Ponteareas25km e Ponteareas12km 2023 - Andainas solidarias O 26 DE NOVEMBRO DE 2023 vanse celebrar unhas Andainas Solidarias pola contorna municipal co fin de recoller alimentos e fondos económicos para o Banco  de Alimentos, e outras entidades sociais no Concello de Ponteareas. INSCRICIÓNS 25 KM non federados INSCRICIÓNS 12 KM non federados INSCRICIÓNS FILA CERO INSCRICIÓNS 25 KM FGM/FEDME INSCRICIÓNS 12 KM FGM/FEDME Información da ruta: Andaina aberta a tódalas persoas, interesadas en facer deporte e colaborar na recollida e adquisición de alimentos, tanto a adultos e nenos maiores de 14 anos. Distancias: Dúas distancias: 25 km e 12 km aproximadamente Dificultades: Media-Alta (25km) e Media-Baixa (12km) Os beneficios da recadación acadada serán entregados a obras benéficas. Os participantes deberán aportar «víveres non perecedoiros» (aceite; leite [semi, desnatada e sen lactosa]; garavanzos e feixóns en conserva; verduras en conserva; froita en conserva; potitos variados; atún; arroz; salsa de tomate; galletas). Prezos: Participante nas Andainas: 13 € Participante nas Andainas federado FGM/FEDME: 10 € Colabora sen participar nas andainas: 6 € (Nota: as inscricións e colaboracións non reciben ningún dos beneficios fiscais da Lei49/2002 e RD 1270/2003) Nota Federados FGM/FEDME OS FEDERADOS FEDME/FGM DEBERÁN OBRIGATORIAMENTE PRESENTAR O SEU DNI E A SÚA LICENZA NO MOMENTO DA ACREDITACIÓN. DE NON FACELO A ORGANIZACIÓN CONSIDERARÁ QUE NON ESTÁN FEDERADOS E NON PODERÁN PARTICIPAR XA QUE NON TERÁN SEGURO OBRIGATORIO. Peche de inscricións: Martes 21/11/2023 ás 23:59 horas Outras informacións Acreditacións: ás 8:15 Farase entrega do Dorsal a cada participante. Punto de saída: Hora de saída marcha 25km: 9:00 am Hora de saída marcha 12km: 9:10 am Punto de chegada: O percorrido da ruta estará sinalizado con frechas e cintas. Inscríbete canto antes. Non te demores. Anímate: A túa axuda é fundamental Convida a tódolos teus amigos e coñecidos! COLABORA CON NÓS!!! Importantísimo Os menores de idade deberán ir acompañados obrigatoriamente dun adulto que se faga responsable. Obrigacións recollidas no Regulamento 2023 para as probas de 25km: OS PARTICIPANTES DEBERÁN LEVAR O SEU VASO PROPIO. Os avituallamentos líquidos serán en vaso ou a granel, polo que cada participante deberá levar unha cantimplora ou similar para poder encher nos controis. Lembramos obrigas dos participantes: a) Levar a licenza federativa vixente (se corresponde) acompañada do DNI que deberá estar presentada a calquera membro da organización que o solicite. b) Seguir as indicacións dadas por calquera membro da organización. c) Avisar en caso de incidencia ou abandono ao control ou aviso máis próximo, ou á organización por medio do teléfono indicado na tarxeta ou dorsal. d) Prestar asistencia aos participantes que precisen axuda. e) Respecta as propiedades, as casas de labranza e os cultivos en xeral. f) Non danar á natureza nin deixar residuos. g) Non participar con cans ou outros animais de compañía. h) Quedará prohibido comunicar información relativa á estratexia da marcha entre participantes, utilizando teléfonos móbiles, walkie-talkies ou calquera outro medio. i) Deberán levar o material necesario: a)- Sistema de hidratación b)- Roupa adecuada ás condicións meteorolóxicas c)- Mochila ou equivalente d)- Frontal no caso de que a proba sexa de noite ou haxa que cruzar por túneles. e)- Elementos reflectores (en caso de cruzar estradas) j) Ademais deste material mínimo, a entidade organizadora terá competencias para solicitar calquera outro material que, polas características da proba, sexa necesario. k) O feito de que o participante se inscribe nunha proba é indicación de que coñece o seu regulamento. SON ESPECIALMENTE RELEVANTES OS PUNTOS F) e G). f) Non danar á natureza nin deixar residuos. g) Non participar con cans ou outros animais de compañía. Non tendo autorización para unha proba con animais, as Autoridades, e os Seguros Deportivos e Seguros de Responsabilidade Civil da proba prohiben a súa participación. Pregamos a tódolos participantes cumpran con esta normativa ou serán apartados da andaina e do Open. Máis información: Teléfono/s: 660 71 20 08 (ou 654 165 730 só para urxencias) E-mail: info@xistra.org Web Xistra: https://xistra.org/ Web Open25km: https://25km.es/ Facebook Xistra: https://es-es.facebook.com/Clube.Xistra/ Web Concello de Ponteareas: https://ponteareas.gal/ --------------------------------------------------- Images: https://xistra.org/wp-content/uploads/004-CARTEL-PONTEAREAS-IX-Open-A3-APRAZADA-NOVA-DATA-04.jpg https://xistra.org/wp-content/uploads/logo25km-azul-150x150.png --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2023-09-12 17:13:22 Post date GMT: 2023-09-12 15:13:22 Post modified date: 2023-10-31 13:01:24 Post modified date GMT: 2023-10-31 11:01:24 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com