Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/pr-g-164-senda-da-fraga-do-barragan/
Export date: Sat Nov 23 11:31:45 2024 / +0000 GMT

PR-G 164 Senda da Fraga do Barragán








Pazos de Borbén - Pontevedra
INSCRICIÓN: AQUÍ 1

Sábado 09/04/2022 - 09:30 am

Descrición
Deseñado arredor de conca do río Barragán, o seu trazado discorre a diferentes alturas pero mantén o río como eixo central.









O curso do río Barragán, antes de desembocar no encoro de Eiras, caracterízase pola presencia, na zona máis profunda da conca, dunha mata de fraga autóctona con currunchos de gran beleza natural. Ademais, a abundancia de patrimonio etnográfico como muíños, pontes ou levadas (canles que conducían a auga ata os muíños), e históricos como os restos do asentamento coñecido como A Cidade, apórtanlle un interese turístico que farán deste sendeiro unha experiencia inesquecible.






Acceso -Pola estrada PO-252 (Mondariz-Moscoso) atópase a parroquia de San Salvador de Xunqueiras. Desviarse no cruce que indica cara ao Torreiro. A 100 m atópase unha praza na que está o inicio do sendeiro.








Lonxitude -17,3 km.






Punto de partida/chegada -O Torreiro, O Cabo de Raña (Concello de Pazos de Borbén) - UTM 29T X:542077 Y:4683222






Percorrido -O Torreiro (O Cabo da Raña), Levadas da Maruxa, Ponte de Pau, Freaza, Muíño de Agosto, Muíño do Cubo, Pasos do río Barragán, Muíños do río Barragán, A Cidade, Lugar das Lombas, O Torreiro (O Cabo da Raña).






Dificultade -Media - Alta






Duración -4 horas e 45 minutos.




Links:
  1. https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/37 /SOCIOS-XISTRA:-PR-G-164-Senda-da-Fraga-do-Barraga n/
Post date: 2022-04-07 14:47:46
Post date GMT: 2022-04-07 12:47:46

Post modified date: 2022-04-07 17:15:21
Post modified date GMT: 2022-04-07 15:15:21

Export date: Sat Nov 23 11:31:45 2024 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com