This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Tue Apr 23 8:47:44 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: VI Andaina Salceda de Caselas Copa Galicia de 50 km (01/06/2013) - Un éxito de organización e de participación. --------------------------------------------------- Algúns dos socios de Xistra antes da saída. Esta fin de semana pasada tivo lugar a Andaina de Salceda. O noso socio e amigo Manolo (Andarín) traballou arreo para que todo saíse, como xa ven sendo habitual, moi ben. Unha asistencia importante, boa presenza de socios de Xistra, e un tempo excepcional foron as nosas mellores impresións. Subindo a Faro Budiño - 50km Salceda. Lamentablemente media decena de socios de Xistra inscritos, finalmente non puideron asistir por motivos persoais xurdidos no último momento. Aínda así, a nosa presenza e participación viuse moi ben representada con máis de 15 marchadores e case todos puideron rematar sen problemas os 50km. Como ven sendo habitual Sonia de Galifisio acudiu ó final da marcha para atender ós nosos "andaríns". Xunto ó río Miño - Salceda 50km         Podes ver fotos en picasa, facebook e http://bretema.uvigo.es/adaforna/ANDAINA/2013/FOTOS/FOTOS.htm !! --------------------------------------------------- Images: http://xistra.org/wp-content/uploads/2013/06/SAM_0003-1024x576.jpg http://xistra.org/wp-content/uploads/2013/06/010620132893-574x1024.jpg http://xistra.org/wp-content/uploads/2013/06/010620132894-300x168.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2013-06-03 11:58:54 Post date GMT: 2013-06-03 09:58:54 Post modified date: 2013-06-18 13:00:26 Post modified date GMT: 2013-06-18 11:00:26 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com