This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Sat Nov 23 12:35:08 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: ANULADA - Vigo25km e Vigo10km 2022 --------------------------------------------------- ANULADA ANULADA ANULADA OPEN ANDAINAS 25 km VIGO25km VI Proba da COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 25KM 2022 Vigo25km e Vigo10km 2022 O 30 de outubro celebraremos dúas andainas deportivas, polos Montes de Vigo. Haberá unha marcha popular de 10km e a proba oficial de 25km.   Información das rutas: Andainas abertas a tódalas persoas interesadas en facer deporte, adultos e nenos maiores de 14 anos. Distancias: Dúas distancias: 25 km e 10 km aproximadamente Dificultades: Alta-Técnica (25km) e Media-Baixa (10km) Para os deportistas non federados en montañismo o organización tramitará o seguro deportivo obrigatorio para a proba. Prezos: Participante na Andaina: 13 € Participante na Andaina federado FGM/FEDME: 10 € INSCRICIÓNS AQUÍ: Pasarela de pago seguro Xistra A inscrición inclúe (entre outras cousas): Permisos e autorizacións Dorsais Agasallos a participantes Avituallamentos durante o percorrido (aprox. cada 6 km) [lembrar levar vaso] Sistemas de control durante a marcha Incidencias de inscritos e pasarela web Marcaxe do trazado Equipo vasoira Recollida da marcaxe Asistencia para retirada de deportistas accidentados Ambulancias Seguro deportivo obrigatorio Seguro de RC entidade Servizos hixiénicos na saída e chegada Zona estiramentos Duchas e vestiarios Invitación consumición bebida fin da proba Diplomas finisher Nota Federados FGM/FEDME OS FEDERADOS FEDME/FGM DEBERÁN OBRIGATORIAMENTE PRESENTAR O SEU DNI E A SÚA LICENZA NO MOMENTO DA ACREDITACIÓN. DE NON FACELO A ORGANIZACIÓN CONSIDERARÁ QUE NON ESTÁN FEDERADOS E NON PODERÁN PARTICIPAR XA QUE NON TERÁN SEGURO OBRIGATORIO. Peche de inscricións: Martes, 25 de outubro ás 23:59 horas Outras informacións Acreditacións: ás 8:15 no lugar da saída. Pincha aquí para obter a localización. Farase entrega do Dorsal a cada participante. Punto de saída: Campo de Fútbol de Fragoselo ATENCIÓN: Os vehículos deben aparcar por riba das instalacións, para non bloquear o acceso ó campo. Ou abaixo, no torreiro da Capela de San Sebastián. Hora de saída marcha 25km: 9:00 am Hora de saída marcha 11km: 10:00 am Punto de chegada: o mesmo que a saída. O percorrido da ruta estará sinalizado con frechas e cintas. OBRIGATORIO: vaso ou cantimplora. Non haberá vasos nos avituallamentos (redución de residuos) Inscríbete canto antes. Non te demores. Prazas limitadas. Convida a tódolos teus amigos e coñecidos! Importantísimo Os menores de idade deberán ir acompañados obrigatoriamente dun adulto que se faga responsable. Obrigacións recollidas no Regulamento FGM 2022 para as probas de 25km: OS PARTICIPANTES DEBERÁN LEVAR O SEU VASO PROPIO. Os avituallamentos líquidos serán en vaso ou a granel, polo que cada participante deberá levar unha cantimplora ou similar para poder encher nos controis. Lembramos o Artigo 17 do Regulamento en vigor: Obrigas dos participantes: a) Levar a licenza federativa vixente (se corresponde) acompañada do DNI que deberá estar presentada a calquera membro da organización que o solicite. b) Seguir as indicacións dadas por calquera membro da organización. c) Avisar en caso de incidencia ou abandono ao control ou aviso máis próximo, ou á organización por medio do teléfono indicado na tarxeta ou dorsal. d) Prestar asistencia aos participantes que precisen axuda. e) Respecta as propiedades, as casas de labranza e os cultivos en xeral. f) Non danar á natureza nin deixar residuos. g) Non participar con cans ou outros animais de compañía. h) Quedará prohibido comunicar información relativa á estratexia da marcha entre participantes, utilizando teléfonos móbiles, walkie-talkies ou calquera outro medio. i) Deberán levar o material necesario: a)- Sistema de hidratación b)- Roupa adecuada ás condicións meteorolóxicas c)- Mochila ou equivalente d)- Frontal no caso de que a proba sexa de noite ou haxa que cruzar por túneles. e)- Elementos reflectores (en caso de cruzar estradas) j) Ademais deste material mínimo, a entidade organizadora terá competencias para solicitar calquera outro material que, polas características da proba, sexa necesario. k) O feito de que o participante se inscribe nunha proba é indicación de que coñece o seu regulamento. SON ESPECIALMENTE RELEVANTES OS PUNTOS F) e G). f) Non danar á natureza nin deixar residuos. g) Non participar con cans ou outros animais de compañía. Non tendo autorización para unha proba con animais, as Autoridades, a Federación e os Seguros Deportivos e Seguros de Responsabilidade Civil da proba prohiben a súa participación. Pregamos a tódolos participantes cumpran con esta normativa ou serán apartados da andaina e do Open. Máis información: Teléfono/s: 644 58 32 50 (ou 654 165 730 só para urxencias) E-mail: info@xistra.org Web Xistra: https://xistra.org/ Web Open25km: https://25km.es/ Facebook Xistra: https://es-es.facebook.com/Clube.Xistra/ --------------------------------------------------- Images: https://xistra.org/wp-content/uploads/001-CARTEL-VIGO-VIII-Open-212x300.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2022-09-24 19:54:19 Post date GMT: 2022-09-24 17:54:19 Post modified date: 2022-10-18 14:23:33 Post modified date GMT: 2022-10-18 12:23:33 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com