This page was exported from Clube de Montaña Xistra
[ https://xistra.org ] Export date: Fri Mar 29 1:31:55 2024 / +0000 GMT |
XIV Andaina Popular “Concello de Ribeira” - 50kmA XIV edición da Andaina Popular “Concello de Ribeira”, celebrarase o sábado 3 de Setembro, e constará, de novo, de tres recorridos de diferentes distancias e dificultades: Recorrido de 50 km.- Volverá a ter menor dificultade que os anos precedentes (uns 700 metros de desnivel positivo), evitando as zonas de dificultade física e técnica. Recorrido de 35 km. Recorrido Xtrem.- Tamén terá como base o recorrido dos 50, pero engadíndolle zonas de máis dureza e algo máis técnicas (subida á Curota, baixada pola zona da Fervenza de San Amedio, subida ó Tahume ou a Senda do Xabarín). O desnivel positivo é superior a 1.200 metros. Asemesmo, a distancia é maior de 50 km: 58 km, a percorrer igualmente no tempo máximo de 12 horas. INSCRICIÓNS Efectuaranse na web http://emesports.es/event/xiv-andaina-popular-concello-de-riveira/ Prezos de inscrición, dende o 20 de xullo ata o 1 de setembro, e serán os seguintes: 13 €uros (para persoas federadas) / 16 €uros (para as non federadas) A partir do 1 de setembro, haberá un prezo único de 25 euros, sen dereito a camiseta de recordo, e estas inscricións deberán realizarse nas oficinas de deportes no complexo deportivo da Fieiteira. Teléfono 981. 873646. Aínda que o prezo é o mesmo para calquera dos roteiros, na inscrición deberá elixirse o roteiro a realizar. Nota: Para a Copa Galega de Andainas de 50 km, só acreditarán a participación os que rematen o roteiro de 50 km e a Xtrem. O número máximo de participantes é de 300 (no intre de acadar esta cantidade xa non se admitirán máis inscricións). SAÍDA: A saída será desde as pistas de atletismo do Complexo Polideportivo A Fieiteira, ás 9 horas. É preciso estar no punto de saída 30 minutos antes do inicio da proba. |
Post date: 2016-08-06 11:06:13 Post date GMT: 2016-08-06 09:06:13 Post modified date: 2016-08-06 11:16:42 Post modified date GMT: 2016-08-06 09:16:42 |
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com |