This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Mon Nov 25 13:41:29 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: XXI DESCENSO DE BARRANCOS – FGM - 19/07/2015 --------------------------------------------------- FOTOS DA ACTIVIDADE PROGRAMA DÍA 19 – Actividade oficial. • 9:30h: Agrupamento de participantes, na zona do Picón xunto á Casa da Pintora. • 10:00: Aproximación e inicio barranco. Río Cal, no Concello do Rosal. • 15:00h Xantar (opcional, 15€) – (rogamos indiquen na inscrición se participan na comida). • 18h: Clausura actividade. É necesario levar bebida e provisións para tomar durante o descenso. Material obrigatorio para realizar a actividade: casco, neopreno, calzado adecuado á actividade, arnés, 3 mosquetóns (MÍNIMO 1 HMS e 2 sen seguro), 2 cabos de ancoraxe e 1 oito. ATENCIÓN: QUEN NON LEVE ESTE MATERIAL INDIVIDUAL NON PODERÁ FACER A ACTIVIDADE. NON HAI ESCUSAS. IMPORTANTE: NESTA ACTIVIDADE HABERÁ UN NÚMERO MÁXIMO DE ASISTENTES. A ORGANIZACIÓN INDICARÁ O MÁXIMO UNS DÍAS PREVIOS Ó DESCENSO E SERÁ EN FUNCIÓN DA CANTIDADE DE GUÍAS-ORGANIZADORES QUE ESTEAN DISPOÑIBLES DURANTE O EVENTO. POR MOTIVOS DE SEGURIDADE, NESTA OCASIÓN, QUEDAN TOTALMENTE PROHIBIDOS OS SALTOS. A PROGRESIÓN SERÁ ÚNICAMENTE ANDANDO E EN RAPPEL. O Descenso de Barrancos FGM muda de emprazamento. Queda descartada a actividade para 2015 no Courel. A Organización resérvase o dereito a cambios en función da seguridade da proba.   Regulamento: ler contido Esta actividade terá lugar o día 19 de xullo de 2015 no Río Cal (O Rosal). O lugar e a data do descenso poderán mudar en función do caudal do río, de cuestións de seguridade e doutras consideracións da Organización. Poderán participar unicamente montañeiros federados con licenza deportiva que cubra esta actividade, coa experiencia mínima necesaria e que mostren condicións físicas adecuadas. Os deportistas deberán ir provistos do material e prendas adecuadas para a actividade: neopreno ou prendas aptas para a auga, casco, arnés, oito, comida para o descenso e demais material da actividade. A organización poderá vetar a participación de calquera deportista que non cumpra dos puntos 2 e 3, cuestión que non exime ós participantes da súa responsabilidade persoal e total se son admitidos. O material colectivo levarao a Organización. As inscricións efectuaranse na web do Clube de Montaña Xistra www.xistra.org, antes do día 16 de xullo (xoves). Os participantes nesta actividade asumen a aceptación completa deste regulamento. Calquera cuestión ou dúbida será resolta pola Organización, e a súa decisión será de obrigado cumprimento. Os participantes comprométense a seren respectuosos ó máximo co entorno. Queda prohibido totalmente deixar lixo ou residuos. A Organización non se fai responsable de ningún tipo de accidente. SÓ PODERÁN PARTICIPAR ÓS FEDERADOS QUE PRESENTEN CUMPRIMENTADA A FOLLA DE INSCRICIÓN OBRIGATORIA VIXENTE E DISPOÑIBLE NA PÁXINA WEB DA FEDERACIÓN. --------------------------------------------------- Images: --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2015-07-01 13:37:22 Post date GMT: 2015-07-01 11:37:22 Post modified date: 2015-07-31 13:31:48 Post modified date GMT: 2015-07-31 11:31:48 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com