This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Fri May 3 23:28:26 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: XXXII MARCHA GALEGA DE VETERANOS 2020 --------------------------------------------------- Marcha veteranos FGM 2012 Transcribimos comunicación recibida do club organizador: " Estimados amigos: Achegamos a información máis completa sobre esta actividade que, salvo que a situación empeore ou se reciban indicacións contrarias, estamos en disposición de levar a cabo o vindeiro día 13 co apoio, ánimo e indicacións da FGM. (Achegamos protoclos COVID-19) A pesares de estar xa indicado na documentación adxunta insistimos na necesidade de que cada participante terá que asinar unha declaración de responsabilidade que, preferentemente nola enviades por correo-e ao club o mércores día 9 en que remata o prazo para apuntarse, ou será recollida a cada participante ou responsable do club o mesmo día da marcha. Tamén, por favor, informar aos vosos socios que nesta ocasión, na procura de preservarnos todos mellor, non se celebrará o xantar de confraternidade e cada un terá que levar a súa propia comida. Para o cal estableceremos un lugar ao aire libre onde poder xantar con máis seguridade. Agardamos que, pese a todo, deades difusión a esta actividade e compartades con nós a idea de, actuando sempre con responsabilidade, facer por manter os nosos hábitos e costumes máis saudables e recuperar na medida do posible a nosa propia normalidade. Recibide un afectuoso saúdo, Carlos Garrido " Xunto indicamos os enlaces informativos: Comunicado Clubs Tríptico Veteranos (Interior) (Exterior) Declaración responsable FGM Organización Deportistas Protocolo Fisicovid-DXTGalego-FGM --------------------------------------------------- Images: https://xistra.org/wp-content/uploads/2013/08/FinaldaMarcha-150x150.png --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2020-09-04 21:14:21 Post date GMT: 2020-09-04 19:14:21 Post modified date: 2020-09-04 21:14:21 Post modified date GMT: 2020-09-04 19:14:21 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com