This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ http://xistra.org ]
Export date: Sun Apr 22 16:34:10 2018 / +0000 GMT

Preguntas frecuentes (Frequently Asked Questions - FAQ)


Preguntas frecuentes:

Altas e renovación de socios:


Xistra ten COTA DE ENTRADA ?





Si. Pero para a primeira inscrición no club está BONIFICADA 100% e os novos socios non pagan nada pola primeira inscrición. A cota de entrada actual son 10 €.
PERO os socios que non tramiten a súa licenza un só ano, no momento de pedir o reingreso deberán PAGAR A COTA DE ENTRADA COMPLETA QUE ESTEA EN VIGOR, se desexan volver a ingresar en Xistra.







Que necesito para facer a licenza con Xistra ?





Se es un novo socio consulta “Como é a alta dun socio novo”.
Se xa es socio consulta “Como renovar a cota anual e licenza”.
Se fuches socio e queres reingresar consulta “Pasos para o reingreso”.







Como é a alta dun socio novo ?





Para unha alta nova debes solicitar o ingreso en Xistra. Non é un proceso automático, polo que non debes pagar ata que sexas aceptado no club. Os pasos son os seguintes:

1.- Solicitas a túa alta mandando a seguinte documentación e agardando á súa aceptación polo club (precisas o aval de 2 socios).

1.1.- Fotocopia do DNI
1.2.- Unha foto tamaño carné
1.3.- Imprime, cumprimenta, pide que asinen os avalistas e entrega o seguinte documento de alta (pdf)
1.4.- FAI CHEGAR ESTES DOCUMENTOS ESCANEADOS AO CLUB MEDIANTE ESTE ENLACE DE PREINSCRICIÓN – SOLICITUDE DE PREINSCRICIÓN


2.- Unha vez que recibas a aceptación, deberás facer o pagamento da licenza e da cota social conxuntamente no número de conta que te indiquen dende o club, indicando no concepto “Licenza” e os teus apelidos.







Como renovar a cota anual e licenza ?





Documentos de renovación anual de socios:

Imprime, cumprimenta e entrega o seguinte documento de renovación (pdf)
Actualiza os teus datos e fai o pagamento con este enlace PASARELA WEB PARA RENOVACIÓN DE SOCIOS







Pasos para o reingreso





O procedemento é o mesmo que para os socios novos (con toda a achega de documentación, de avais, e co proceso de avaliación da Directiva), pero non gozarán da vantaxe da cota de entrada gratuíta, e deberán pagar a cota vixente no momento da solicitude.






 
Post date: 2018-01-01 01:00:04
Post date GMT: 2017-12-31 23:00:04
Post modified date: 2017-12-31 00:40:42
Post modified date GMT: 2017-12-30 22:40:42
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com