Podedes ver as licenzas e produtos que temos dispoñibles no seguinte enlace:
Contra a violencia machista
Redes sociais
CATEGORÍAS
INFORMACIÓN DE INTERESE
MEMORIAS DO CLUB
Novas por mes
Podedes ver as licenzas e produtos que temos dispoñibles no seguinte enlace:
CURSO DE INICIACIÓN Á ESCALADA – VÍAS EQUIPADAS DUN SÓ LONGO – NIVEL 1
Datas: 11-12/10/2025
Duración: 2 días (16 horas)
Lugar: Serra do Galiñeiro
Nº mínimo de participantes: 4 persoas.
Nº máximo de participantes: 6 persoas.
Destinado a persoas que queiran iniciarse nesta disciplina deportiva de maneira segura e organizada, independentemente da súa idade ou condición física. O obxectivo é asimilar tódolos contidos necesarios para poder escalar con autonomía e seguridade vías dun longo equipadas.
Prezo subvencionado polo Clube de Montaña Xistra: 75 €
Máis datos sobre a formación: AQUÍ!
O domingo 9 de Novembro de 2025, o Club Peña Trevinca Barco, organiza a XIX Andaina de Outono.
Trátase de 2 andainas, de 15 km e de 25 km.
Polo municipio de Valdeorras.
Unha máis longa que a outra pero as dúas aptas para todos os públicos.
Salirase as 09:00 do Pabellon de Calabagueiros de O Barco de Valdeorras.
Os dorsais recolleranse no Pabellón de Calabagueiros o sábado de 17:00 a 20:00 e o domingo de 07:00 a 08:30. En el mismo se entregaran dorsais, estarán las duchas y será la comida.
Máis información en 25km.es
O vindeiro sábado 25 de Outubro o municipio de Parada de Sil acollerá a celebración da XVIII Andaina da Castaña e a XVIII Andaina para Cativos. Un evento onde todos os asistentes adultos poderán gozar de dous percorridos, unha marcha de 18,5 quilómetros que transcorrerá polo roteiro Canón do Sil-Santa Cristina ou unha de 25 quilómetros, e os máis pequenos participar nun percorrido guiado de 3,5 quilómetros polo roteiro dous Castiñeiros e dás Carriozas.
Máis información en 25km.es
Desde a vogalía de Andainas e Sendeirismo da FGM, queremos convidarvos á Marcha Galega de Veteranos FGM 2025, coa ilusión de reunir o maior número posible de deportistas e clubs de toda Galicia.
Data: Domingo 21 de setembro de 2025
Organiza:
Sociedade de Montaña Ártabros + FGM
Evento: Marcha Galega de Veteranos FGM 2025
Lugar: Encoro de Portodemouros (A Coruña – Pontevedra)
Actividade exclusiva para persoas federadas
Peche de inscricións: 17 de setembro
Prezo de inscrición por persoa: 17 € (comida).
Percorrido: Vila de Cruces – Larazo – Cortegada – cruce do encoro en ferri – Beigondo. 17 km
Desnivel negativo: 493 m
Desnivel positivo: 274 m
A organización ofrecerá unha comida no Remanso de Cosme ao rematar a ruta (previsto un xantar de polbo á feira).
Haberá bus lanzadeira de regreso aos coches no punto de inicio
Lugar de inicio: Casa do Concello de Vila de Cruces
Animámosvos a participar e compartir esta experiencia, para vivir unha xornada de convivencia, deporte e natureza polos fermosos sendeiros galegos!
ATENCIÓN ÓS SOCIOS DE XISTRA: Está previsto un autobús saíndo de Vigo, por 16€.
Importante:
Hai que inscribirse na web da Federación para a actividade (Inscríbete por 17€ AQUÍ na actividade) e
neste outro formulario no autobús (apúntate por 16€ aquí para o bús).
O vindeiro 7 de setembro, Salvaterra do Miño acollerá o Campionato Xunta de Galicia de Marcha Nórdica 2025, nas modalidades individual e por clubs. A proba, organizada polo Club de Montaña Airiños en colaboración co Concello e a Federación Galega de Montañismo, será tamén a terceira cita puntuable para a Copa Xunta de Galicia e o II Open Concello de Salvaterra do Miño.
Trátase dunha competición oficial, federada e cronometrada, fundamental no calendario galego desta disciplina. Unha cita imprescindible para todos os amantes da marcha nórdica.
O vindeiro 13 de setembro, o concello de Boiro será o escenario da quinta proba da Copa Xunta de Galicia de Carreiras por Montaña. A competición desenvolverase no marco do popular IX CXM Trail dos Indios – Castelo de Vitres, un evento xa consolidado no calendario.
Organizada polo Club Tribu Trail, esta cita é clave para a clasificación xeral da Copa galega, reunindo a corredores de toda a comunidade nun percorrido esixente e de gran beleza natural.
A Federación Galega de Montañismo convoca a todos os seus veteranos a unha xornada de convivencia no espectacular Macizo de Trevinca. A tradicional Marcha Galega de Veteráns celebrarase o vindeiro 21 de setembro, unha cita ineludible para celebrar a paixón pola montaña.
Aínda que o percorrido exacto será confirmado pola organización, espérase que discorra pola fermosa contorna das lagoas glaciares da zona, posiblemente seguindo o trazado da coñecida ruta PR-G 200 «Lagoas da Serpe e de Ocelo». Unha oportunidade única para desfrutar dunha das paisaxes máis emblemáticas de Galicia.
Ribeira, 29 de xullo de 2025 – O Concello de Ribeira anuncia que xa está aberto o prazo de inscrición para a XXI edición da súa emblemática Andaina de 50 quilómetros. A proba, unha das citas máis agardadas do sendeirismo en Galicia, celebrarase o vindeiro sábado 6 de setembro e convida a descubrir a riqueza paisaxística e cultural do municipio.
O percorrido, con saída e chegada no Pavillón Polideportivo da Fieiteira, estrutúrase en dous bucles (30 e 20 km) que levarán aos participantes por enclaves de gran valor. A ruta transitará por lugares tan espectaculares como o Parque Natural das Dunas de Corrubedo, o miradoiro da Pedra da Rá, o Dolmen de Oleiros ou o petróglifo da Pedra das Cabras, combinando o desafío deportivo con vistas inesquecibles de mar e monte.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición dende hoxe e ata o 2 de setembro na páxina web www.galitiming.com. O prezo é de 17 € para deportistas con licenza da Federación Galega de Montañismo e de 20 € para os non federados.
A organización, a cargo do Concello de Ribeira e a Asociación de Veciños de Carreira, coa colaboración do Club Sachacamiños, Protección Civil e a Policía Local, estableceu un límite de 300 prazas para garantir a calidade e seguridade do evento. Anímase a todos os amantes das grandes rutas a non perder esta oportunidade de gozar dunha xornada única no corazón do Barbanza.
Notade que esta importante proba da LGA non puntúa para a LIS. Máis datos e inscrición dende a nosa páxina https://25km.es/probas/
A Vogalía de Andainas e Sendeirismo da FGM xunto co Club Montañeiros Celtas convocan unha Marcha Bivaque os días 5 e 6 de xullo pola Serra do Monzón (Valdeorras)
Só para persoas federadas.
Número mínimo de participantes: 25 persoas federadas.
Número máximo de participantes: 39 persoas federadas.
Peche de inscricións: día 26/06/2025 á 23:50 horas
Prezo de inscrición da Marcha con Bivaque por persoa: 25 €
Prezo comida final de confraternidade (opcional): 20 €
Páxina de inscricións: https://fedgalmon.gal/evento/marcha-bivaque-fgm-mones/
Día do Sendeirista Galego 2025
Data: 11 de maio de 2025
Ruta: PR-G 85 – Fraga de Vilapena (Trabada, Lugo)
️ Só federados FGM-FEDME | Inscrición: 5 € (ata o 2/05)
Info e inscricións: fedgalmon.gal
Ruta de 3 h 40 min por bosque autóctono, con miradoiro e conexión co PR-G 83. Dificultade media.
Inclúe tríptico, agasallo, avituallamentos e picnic.
Subvención de 6 € para federados galegos.
Unha experiencia única en plena natureza!