This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ http://xistra.org ]
Export date: Sun Apr 22 16:22:58 2018 / +0000 GMT

Subvencións e Axudas


Subvencións:

  • Por participación (Subvención en vías de extinción dende a Federación)


Os importes de subvención do ano próximo estarán en función a un reparto por participación en actividades do presente ano.
Asígnase un importe para reparto durante o ano presente de aproximadamente 1.500€ mediante concurrencia competitiva entre tódolos socios. O sistema de puntuación será o mesmo que o establecido pola FGM.
No reparto entran tódolos socios que teñan 3 puntos ou máis do baremo da FGM.

Se no reparto proporcional a cantidade asignada a un socio non alcanza os 5€, estes importes se sumarían ó socio con maior puntuación.

 


  • Por idade (subvención extinguida)


Para os maiores de 65 anos, poderá existir unha subvención por idade. Estará en función das axudas que dea a Federación Galega para este colectivo.
Os maiores de 65 anos poderán compatibilizar a subvención por idade e por participación. (Subvención extinguida dende a Federación)

Sistema de puntuación do baremo da FGM (Baremo en vías de extinción a causa das presións na Asemblea da FGM por deportistas e clubs alleos a Xistra):


  1. As actividades do calendario FGM (marchas, cursos, etc.) xeran 1 punto por participación.

  2. As actividades de carácter estatal do calendario da FEDME, recoñecidas pola FGM, xeran 2 puntos por participación.

  3. As actividades do calendario FGM de carácter internacional, xeran 3 puntos por participación.

  4. As marchas de 50 quilómetros, xeran 1 punto por marcha, sempre e cando o participante consega o diploma acreditativo de finalización da marcha.

Post date: 2013-05-09 12:07:19
Post date GMT: 2013-05-09 10:07:19
Post modified date: 2017-12-22 15:09:34
Post modified date GMT: 2017-12-22 13:09:34
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com