Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/abertas-as-inscricions-para-a-ix-andaina-terras-de-altamira-concello-de-brion/
Export date: Wed May 15 13:50:41 2024 / +0000 GMT

Abertas as inscricións para a IX Andaina Terras de Altamira - Concello de Brión


Andaina Terras de Altamira 2024

Andaina Terras de Altamira 2024



Xa temos abertas as inscricións para a IX Andaina Terras de Altamira - Concello de Brión

O Concello de Brión e a Asociación O Esquío No Piñeiro, en colaboración coa Federación Galega de Montañismo, a Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, organizan a IX edición da ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA – CONCELLO DE BRIÓN o vindeiro sábado 11 de Maio de 2024 a partir das 9:00h. nas inmediacións da Carballeira de Santa Minia (Brión). Esta andaina é unha proba oficial da Federación Galega de Montañismo e está integrada dentro da Liga Galega de Sendeirismo e da Liga Ibérica de Sendeirismo da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada que se desenvolverán ao longo do ano 2024.

O prazo de inscrición para a ruta estará aberto até o 7 de maio e é posible inscribirse para as distancias de 16, 36 ou 50 quilómetros. Os maiores de 14 anos poderán anotarse por 15 euros até o 31 de marzo, até o 21 de abril por 18 euros e do 22 de abril ao 7de maio por 16 euros e sen opción aos agasallos incluídos na bolsa do senderista. Para menores de 14 anos a inscrición é de 8 euros, aínda que máis aló do 21 de abril tampouco inclúe a bolsa.

Os participantes contarán con avituallamientos con auga, bebidas isotónicas, refrescos, froitas, empanada, bocadillos e barritas enerxéticas, así como con servizos de médico, ambulancia, seguro de accidentes, duchas, piscina cuberta, recollida en caso de accidente ou lesión e aparcadoiro. As persoas finalistas recibirán diploma e medalla segundo a distancia realizada.

https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/ix-andaina-terras-de-altamira-brion-2024/ 1
Links:
  1. https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/i x-andaina-terras-de-altamira-brion-2024/
Post date: 2024-03-23 13:47:42
Post date GMT: 2024-03-23 11:47:42

Post modified date: 2024-03-23 13:47:42
Post modified date GMT: 2024-03-23 11:47:42

Export date: Wed May 15 13:50:41 2024 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com