This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Thu Apr 25 14:09:47 2024 / +0000 GMT

Actividade de Esquí da FGM


raquetasNovidade SOBRE A ACTIVIDADE DE ESQUÍ E RAQUETAS - 8-9/02/2014.

Segundo unha información recibida onte do encargado desta actividade da FGM, dende o club Montañeiros Celtas "... comunican que esta confirmado que es SOLO DE ESQUÍ, la de raquetas se realizara en un principio en Manzaneda y un domingo, (confirmar por Celtas) en los 10 euros esta incluido el refugio, el desayuno y la cena. "

Dende a Federación confirman que tamén teñen esta información do cambio de contido da actividade, pero están pendentes de confirmar máis datos.

Agardamos que dende Celtas ou dende a Federación dean máis datos e explicacións para poder comunicarvos algo en breve. Dende Xistra en principio lamentamos esta decisión, pero agardamos que a idea de escindir totalmente as dúas actividades acade un resultado positivo, polo ben do noso deporte.

Para os que fan raquetas, queda agardar e confiar en que a actividade vaia adiante.

 
Post date: 2014-01-23 10:35:31
Post date GMT: 2014-01-23 09:35:31
Post modified date: 2014-01-23 10:35:31
Post modified date GMT: 2014-01-23 09:35:31
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com