Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/agardando-informacion-da-marcha-de-veteranos-de-ribeira-sacra/
Export date: Thu Mar 28 15:02:11 2024 / +0000 GMT

Agardando información da Marcha de Veteranos de Ribeira Sacra.


Marcha veteranos FGM 2012

Marcha veteranos FGM 2012



O noso amigo Antón do C.M. Ribeira Sacra vainos enviar datos sobre a actividade que vai organizar para a FGM o día 8/09/2013. Sabemos que será pola Ribeira Sacra do Sil lucense e sabemos que xa foron visitar o percorrido. Sabemos que despois da marcha teremos unha comida de confraternidade. Supoñemos que teremos un autobús dende Vigo. ...

O que si sabemos con certeza é que o percorrido non admite avituallamentos pola organización, polo tanto cada un deberá levar o seu na súa mochila. Pero seguro que será unha xornada especial. Moi "especial" para os que o día anterior temos a andaina de Ribeira!

Aínda así, estaremos alí. E todos vós facede a inscrición na nosa web.
Post date: 2013-08-23 10:55:00
Post date GMT: 2013-08-23 08:55:00

Post modified date: 2013-08-23 10:55:00
Post modified date GMT: 2013-08-23 08:55:00

Export date: Thu Mar 28 15:02:11 2024 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com