This page was exported from Clube de Montaña Xistra
[ https://xistra.org ] Export date: Sun Nov 24 15:32:33 2024 / +0000 GMT |
Cambio do Descenso de Barrancos FGM - Río CervesTiñamos previsto realizar o descenso de barrancos no río Cal (O Rosal - Pontevedra) pero, tal como indicamos noutra nova recente, o percorrido está impracticable pola perigosidade dos trocos e polas de piñeiros caídos na canle do río (consecuencia dos traballos forestais despois do importante incendio de 2013). Agora imos facer o descenso no río Cerves (Melón - Ourense) onde xa fixemos a prospección para coñecer como estaba o percorrido. Mantéñese a data do domingo 13 de xullo de 2014. Será pola mañá (o horario está pendente de definir) e temos previsto rematar cun xantar (opcional) sobre as 15h. É imprescindible saber rapelar e levar o material obrigatorio de descensos. Máis información en Xistra ou nos clubs federados de montañismo de Galicia. Datos sobre o río Cerves en http://www.barranquismo.net/paginas/barrancos/barranco_del_cerves.htm |
Post date: 2014-06-20 19:52:21 Post date GMT: 2014-06-20 17:52:21 Post modified date: 2014-06-23 13:43:55 Post modified date GMT: 2014-06-23 11:43:55 |
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com |