Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/cambio-do-descenso-de-barrancos-fgm-rio-cerves/
Export date: Sun Nov 24 15:47:24 2024 / +0000 GMT

Cambio do Descenso de Barrancos FGM - Río Cerves


Rapel no río Cerves

Rapel no río Cerves



Tiñamos previsto realizar o descenso de barrancos no río Cal (O Rosal - Pontevedra) pero, tal como indicamos noutra nova recente, o percorrido está impracticable pola perigosidade dos trocos e polas de piñeiros caídos na canle do río (consecuencia dos traballos forestais despois do importante incendio de 2013).

Agora imos facer o descenso no río Cerves (Melón - Ourense) onde xa fixemos a prospección para coñecer como estaba o percorrido. Mantéñese a data do domingo 13 de xullo de 2014. Será pola mañá (o horario está pendente de definir) e temos previsto rematar cun xantar (opcional) sobre as 15h.

É imprescindible saber rapelar e levar o material obrigatorio de descensos. Máis información en Xistra ou nos clubs federados de montañismo de Galicia.
Datos sobre o río Cerves en http://www.barranquismo.net/paginas/barrancos/barranco_del_cerves.htm 1
Links:
  1. http://www.barranquismo.net/paginas/barrancos/barr anco_del_cerves.htm
Post date: 2014-06-20 19:52:21
Post date GMT: 2014-06-20 17:52:21

Post modified date: 2014-06-23 13:43:55
Post modified date GMT: 2014-06-23 11:43:55

Export date: Sun Nov 24 15:47:24 2024 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com