Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/caminada-de-entrimo-50km-2024/
Export date: Mon May 20 3:29:07 2024 / +0000 GMT

Camiñada de Entrimo 50km 2024


Hoxe 27/04/2024 ten lugar o incrible Ogro das probas de 50 km en Galicia... a superproba da Camiñada de Entrimo.

Quizais non hai proba tan dura e esixente como a de Entrimo. Pola súa altitude e pola súa cambiante e dura climatoloxía.

Por iso, ano tras ano, un reducido grupo de irreductibles galegos aínda segue resistindo e acodindo a unha fermosa aldea poboada por magníficos veciños no oeste ourensán.

Terrachán fai de base para esta desexada e temida proba. Unha pena para o que escribe esta nova... que tiña que estar alí, en Entrimo, e que tivo que quedar en casa convaleciente...

Moita sorte, forza e resiliencia para os socios de Xistra que atacan, a maior parte con éxito, esta fermosa proba.
Post date: 2024-04-27 13:29:00
Post date GMT: 2024-04-27 11:29:00

Post modified date: 2024-04-27 13:29:00
Post modified date GMT: 2024-04-27 11:29:00

Export date: Mon May 20 3:29:07 2024 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com