This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Sun Nov 24 19:57:59 2024 / +0000 GMT

Campamento e Marcha Galega de Montaña FGM 2014


QuinxoEsta fin de semana pasada (26-27/04/2014) o noso clube organizou o Campamento e Marcha Galega de Montaña da FGM. Participaron 31 federados de varios clubs de Galicia. Os socios de Xistra fomos 20.

Celebrámolo na Serra do Xurés, en concreto no monte Quinxo. A marcha normal partiu dende as proximidades do encoro de Olelas (Entrimo) e ascendeu polas fortes ladeiras oeste. Logo o percorrido pasou polo cumio sur, tamén chamado Quinxo.Camiño do río Pacín

Ademais fixemos unha segunda marcha máis suave para os cativos. Partindo do Casal ascendeu paseniñamente pola beira do río Pacín. Como sobrou tempo visitamos, xa no concello de Bande, o campamento romano de Aquis Querquenis.

 
Post date: 2014-04-29 21:47:01
Post date GMT: 2014-04-29 20:47:01
Post modified date: 2014-04-29 21:47:01
Post modified date GMT: 2014-04-29 20:47:01
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com