Clube de Montaña Xistra https://xistra.org/campamento-e-marcha-galega-de-montana-fgm-2014/ Export date: Sun Nov 24 19:49:21 2024 / +0000 GMT |
Campamento e Marcha Galega de Montaña FGM 2014Esta fin de semana pasada (26-27/04/2014) o noso clube organizou o Campamento e Marcha Galega de Montaña da FGM. Participaron 31 federados de varios clubs de Galicia. Os socios de Xistra fomos 20. Celebrámolo na Serra do Xurés, en concreto no monte Quinxo. A marcha normal partiu dende as proximidades do encoro de Olelas (Entrimo) e ascendeu polas fortes ladeiras oeste. Logo o percorrido pasou polo cumio sur, tamén chamado Quinxo. Ademais fixemos unha segunda marcha máis suave para os cativos. Partindo do Casal ascendeu paseniñamente pola beira do río Pacín. Como sobrou tempo visitamos, xa no concello de Bande, o campamento romano de Aquis Querquenis. |
Post date: 2014-04-29 21:47:01 Post date GMT: 2014-04-29 20:47:01 Post modified date: 2014-04-29 21:47:01 Post modified date GMT: 2014-04-29 20:47:01 |
Export date: Sun Nov 24 19:49:21 2024 / +0000 GMT This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |