Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/campionato-inf-cadete-xuvenil-e-junior-de-cxm-individual-san-mamede/
Export date: Thu Nov 21 16:13:45 2024 / +0000 GMT

Campionato inf/cadete/xuvenil e junior de CxM individual (San Mamede)


Dende a área de tecnificación deportiva de carreiras por montaña queremos dar aviso ós clubs que no Campionato Galego de CxM Individual (X Desafío San Mamede) existirá unha proba oficial para os/as nenos/as de infantil (13 e 14 anos), cadetes (15 e 16 anos), xuvenís (17 e 18 anos) e junior (19 e 20 anos), cunha distancia de 8 km con un desnivel positivo de 400 metros.

A inscrición será gratuíta e realizarase a través da Federación Galega de Montañismo.

Se dende algún Club hai algún/ha corredor/a que teña gañas de asistir so deben contestarme a este correo e facilitarme os datos para a súa inscrición.

Finalizará o prazo de inscricións o 18/05/2022.

A proba será o día 22 de maio de 2022, onde partirán sobre as 10:30 dende a praza do Centro Social de Castro de Escuadro (Concello de Maceda, Ourense), unha furgoneta para o lugar da saída, que dará comezo desta proba sobre as 11:00 aproximadamente.

Calquera dúbida póñase en contacto comigo. - Verónica Calvo
Post date: 2022-05-10 12:08:43
Post date GMT: 2022-05-10 10:08:43

Post modified date: 2022-05-10 12:08:43
Post modified date GMT: 2022-05-10 10:08:43

Export date: Thu Nov 21 16:13:45 2024 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com