Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/cancelado-o-vii-open-de-andainas-de-regularidade-25-km/
Export date: Wed Apr 24 3:09:33 2024 / +0000 GMT

Cancelado o VII Open de Andainas de Regularidade 25 km


Estimados deportístas:

No día de onte, 19/05/2020, en reunión telemática dos Organizadores das distintas probas do VII Open de Andainas de Regularidade 25 km tomáronse os seguintes acordos:

1.- A proba de Andaguláns25km que estaba aprazada polo estado de alarma do Covid-19, pasa a ser cancelada definitivamente e procederase a devolver os cartos das inscricións.

2.- As probas de Cuntis, Rianxo, Ponteareas e Vigo, que estaban pendentes de abrir as inscricións, acordan tamén cancelar a súa realización neste ano 2020.

3.- O Coordinador, de acordo co resto dos Organizadores, establece que nesta competición 2020 de sete probas, das que só foron executadas as dúas primeiras, non tendo realizado nin sequera a metade máis unha, non é pertinente a realización dunha clasificación oficial final e polo tanto quedan desertos os premios do Open.

O VII Open de Andainas de Regularidade 25km queda deserto por causas de forza maior.

Agardamos poder informarvos a final de ano das probas de 2021.
Saúdos, saúde e sorte a todos.
Post date: 2020-05-20 20:09:04
Post date GMT: 2020-05-20 18:09:04

Post modified date: 2020-05-20 20:09:04
Post modified date GMT: 2020-05-20 18:09:04

Export date: Wed Apr 24 3:09:33 2024 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com