This page was exported from Clube de Montaña Xistra
[ https://xistra.org ] Export date: Mon Nov 25 4:01:39 2024 / +0000 GMT |
Expedición 2022 Himalaia Xistra - Ama DablamExpedición ós picos Island Peak, 6.189 mts e Ama Dablam, 6.812 mts. Cordilleira do Himalaia - Nepal Outubro-Novembro 2022 A expedición, formada por Begoña e Roberto, ten como primeiro obxectivo acadar o cumio do Island Peak, 6189 mts polos dous montañeiros. Máis tarde, Roberto López intentará tamén acadar o cumio do Ama Dablam, 6812 mts. Ambos picos están na cordilleira de Himalaia, en Nepal. Dende o club faremos un seguimento da actividade mediante o sistema SPOT, e tamén desexámosvos o mellor e que acadedes as vosas metas. ACTUALIZACIÓN 15/10/2022 Recibimos SMS de Roberto López indicando que todo vai ben, cun lixeiro atraso pero segundo o planificado e que non hai incidencias importantes. Neste momento están na aldea de Namche Bazar (3840m). De momento a viaxe foi en avión dende Porto a Estambul, cun atraso por perda do enlace da aeroliña en Turquía, e logo ata Katmandú (Nepal). Dende alí, mediante avioneta, achegáronse ata Lukla (a 2800m de altitude). Mediante trekking organizado ascenden dende Lukla en dirección ó Campo Base. |
Post date: 2022-10-03 13:30:39 Post date GMT: 2022-10-03 11:30:39 Post modified date: 2022-10-15 12:37:48 Post modified date GMT: 2022-10-15 10:37:48 |
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com |