Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/informacion-fgm-nova-regulacion-sobre-a-practica-deportiva-federada-a-partires-do-21-de-xaneiro-2021/
Export date: Thu Nov 21 16:50:09 2024 / +0000 GMT

Información FGM - Nova Regulación sobre a práctica deportiva federada a partires do 21 de xaneiro 2021


Información FGM - Nova Regulación sobre a práctica deportiva federada a partires do 21 de xaneiro 2021

Solicitan dende a Federación Galega de Montañismo que lle deamos máxima difusión a esta información.

<< Información importante para a práctica deportiva que vai entrar en vigor esta noite as 00,00 horas.

Aféctanos a todos e todas as federadas sen excepción.

As novas con condicións para o deporte federado son as seguintes:

*Aprázanse todas as competicións da FGM de todas as especialidades deportivas.
*Aprázanse todos os cursos de formación deportiva da FGM.
*Todos e todas aquelas deportistas que vivan nun municipio confinado, non se poderán desprazar fora del para os adestramentos.
*A FGM non pode emitir certificados de mobilidade e quedan sen efecto os expedidos ata hoxe.
*O adestramento terá que ser fundamentalmente individual, e en caso de ser grupal, o número máximo será de catro, excluíndo ao adestrador - monitor.
*É obrigatorio o cumprimento do toque de queda. Hai que rematar con antelación o adestramento para atoparse na casa segundo o toque de queda vixente.
*Aqueles clubs que teñan salas de adestramento terán que cumprir a normativa: grupos máximos de catro, excluíndo o técnico, e sempre que non se supere o 50 % do aforo permitido.


A día de hoxe non temos data de cando se desactivaran as restricións, supoñemos que estará en función da evolución da pandemia.
A todo o colectivo de federados vos pedimos paciencia e especialmente moita precaución para non verse afectado ou afectada pola enfermidade da COVID-19.
Animámosvos a manter programas de adestramento adaptados á nova situación, sendo conscientes de que esta situación remitirá e a nosa vida volvera a ser normal.

Enlace web para a Orde de 19 de xaneiro, DOG 11-Bis 1

José Manuel Pérez Prego
Director Técnico da FGM >>
Links:
  1. https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostr arContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5 &rutaRelativa=true&ruta=/excepcional/2021/ 20210119/2542/Secciones1_gl.html
Post date: 2021-01-20 18:43:12
Post date GMT: 2021-01-20 16:43:12

Post modified date: 2021-01-20 18:43:12
Post modified date GMT: 2021-01-20 16:43:12

Export date: Thu Nov 21 16:50:09 2024 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com