Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/informacion-sobre-licenzas-2023-fgm/
Export date: Fri May 17 8:28:08 2024 / +0000 GMT

Información sobre Licenzas 2023 FGM


Licenza virtual FEDMERecibimos a seguinte información sobre licenzas para 2023 da FGM. Hai bastantes novidades xurdidas dende a FEDME e dende a FGM. Pasamos a reproducir algúns dos parágrafos explicativos que nos transmiten...

Podedes coñecer toda a información sobre as licenzas en https://fedgalmon.gal/licenza/ 1

A maioría das licenzas serán virtuais en 2023, e teredes que descargalas nos vosos teléfonos intelixentes. Se non tendes... pedídello á Federación. Pero non cremos que os regalen. Mellor confiade nos Reis Magos.

Polo anterior, para poder tramitar a licenza é obrigatorio dar o enderezo electrónico e teléfono de cada federado (non pode ser o enderezo electrónico nin o teléfono do club), para despois poder descargar a licenza a través da aplicación Paso a Paso da FEDME. En caso de menores, será o teléfono e enderezo electrónico da nai/pai ou titor/a. No caso de ter dereito a bonificación do 50 % do importe do seguro de accidentes, debe indicarse o enderezo electrónico da nai/pai ou titor/a que estea federado na FGM.

APLICACIÓN GERAPLI. Como moi tarde no mes de marzo, as licenzas tramitaranse a través de la App “GERAPLI”. Dende esta aplicación, (actualmente en fase de proba), poderase introducir e xestionar as licenzas FEDME e as licenzas autonómicas, actualizando directamente a base de datos de FEDME.

Achego a circular 2/2022, onde se explica todo o referido a tramitación de licenzas 2023, así como a seguinte documentación, que estará colgada na páxina web. 2

Prezos de Licencias FGM 2023, https://fedgalmon.gal/licenza/
Desglose de importes licenzas FGM 2023, https://fedgalmon.gal/licenza/
O Protocolo de actuación en caso de accidentes ALLIANZ_FGM 2023, https://fedgalmon.gal/en-caso-de-accidente-no-ano-2023/
O cadro médico ALLIANZ España 2023, https://fedgalmon.gal/en-caso-de-accidente-no-ano-2023/
Links:
  1. https://fedgalmon.gal/licenza/
  2. https://xistra.org/wp-content/uploads/Circular-2-2 022-FGM-23-dec-22_ASDO.pdf
Post date: 2022-12-27 22:13:36
Post date GMT: 2022-12-27 20:13:36

Post modified date: 2023-02-28 20:55:53
Post modified date GMT: 2023-02-28 18:55:53

Export date: Fri May 17 8:28:08 2024 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com