Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/magosto-de-xistra/
Export date: Thu Mar 28 10:01:59 2024 / +0000 GMT

Magosto de Xistra - Aprazado


IMPORTANTE: APRAZADO

A falta de suficientes inscritos e a presenza dos catarros destes días leváronse a actividade por diante. Intentaremos informarvos da nova convocatoria desta actividade.

Abaixo tendes a noticia primitiva:

"Estamos a preparar unha saída especial para esta fin de semana próxima. O sábado 16/11/2013 queremos facer unha saída a partir do medio día dende o Parque Forestal de Zamáns. Faremos unha pequena marcha e regresaremos para comer no parque. Logo prepararemos un magosto para media tarde, cedo porque sobre as 18h comeza a anoitecer.

Os que estean interesados, por favor chamade para inscribirvos. Rógase que cada un leve algo de comer, beber e algunhas castañas.

Agardamos que o día estea despexado. Chamade en canto saibades que vindes."
Post date: 2013-11-15 20:41:28
Post date GMT: 2013-11-15 18:41:28

Post modified date: 2013-11-15 20:52:39
Post modified date GMT: 2013-11-15 18:52:39

Export date: Thu Mar 28 10:01:59 2024 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com