This page was exported from Clube de Montaña Xistra
[ https://xistra.org ] Export date: Wed Dec 4 9:04:04 2024 / +0000 GMT |
Marcha nocturna de adestramento en 25 km 3-4/06/2023Marcha nocturna de adestramento en 25 km 3-4/06/2023 Continuando coa preparación da marcha dos 100 km, propoñémosvos unha marcha singular: 25km entre Zamáns, Aloia, Arruídos e retorno a Zamáns, con tramos nocturnos. A saída prevista sería de día, aproximadamente ás 19:30 horas dende o parque forestal de Zamáns (390 m), para subir ata o Coto Mediodía (654 m) (ascensión opcional), seguir o sendeiro en dirección ó monte Aloia (633 m). Aquí faremos unha parada no cumio para ver anoitecer e cear (hai que levar os propios víveres e bebidas pois non garantimos que o bar estea aberto). Esta noite será de lúa chea, pero deberemos levar frontais e luces de emerxencia para cando transitemos por estradas. O retorno será nocturno e con ascensión ata o monte Arruídos (709 m), onde chegaremos despois das 24:00, polo que será unha ascensión no domingo 4 a primeiras horas. Despois retomaremos o camiño en dirección a Zamáns pola ruta máis longa pero con menos riscos. ATENCIÓN: NON SERÁ MARCADA. HAI QUE IR EN GRUPO SEGUINDO Ó GUÍA. A actividade será confirmada en función da climatoloxía con 2/3 días de antelación. Obrigatorio inscribirse antes do día 30/05/2023 Enlace inscricións: https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/56/Marcha-nocturna-de-adestramento-en-25-km-3-4-06-2023/ |
Post date: 2023-04-29 21:21:37 Post date GMT: 2023-04-29 19:21:37 Post modified date: 2023-06-13 13:29:03 Post modified date GMT: 2023-06-13 11:29:03 |
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com |