This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Sun Nov 24 1:30:09 2024 / +0000 GMT

Marcha Vivac Xistra - Trevinca 27-28/05/2023 - Adiada por mal tempo.


Marcha con Vivac

Marcha con Vivac



Imos realizar unha actividade de marcha con durmida na Serra de Pena Trevinca, coa idea que serva para coñecer máis a serra, observar o ceo nocturno, fortalecermos o "paquete muscular" de cara á marcha de 100 km, e compartir unhas vivencias distintas das habituais nas andainas.

Accederemos o sábado ás 12:00 dende Fonte da Cova. Comezaremos a marcha nas proximidades da mina de lousa da Cabrita.

O percorrido aproximado sera: A Cabrita, Portillo de Puertas, Portela de Morena Cavada, Pena Vidulante, Lagoa de Patos, Picón, O Camello, rego de Riopedro, curro de Vidulante (opción vivac), río Tera, Lagoas de Piatorta, O Xanzanal, Pena Trevinca, retorno a Portela de Morena Cavada e volta ata A Cabrita.

Deberemos levar roupa adecuada, comida e bebida. Agardamos atopar mananciais durante o percorrido, pero deberemos ter precaución de desinfectar a auga.

Para durmir, cada quen terá que solucionar o problema co seu saco e cos seus medios.

Antes do evento, faremos un estudo da climatoloxía e decidiremos se é posible a realización da marcha a 2/3 días vista.

Por favor, os interesados inscribídevos canto antes para coñecer se hai demanda real desta actividade. INSCRICIÓNS ANTES DO DÍA 12/05/2023.

Folla de inscrición: https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/55/TREVINCA-Marcha-Vivac-Xistra-Trevinca-27-28-05-2023/
Post date: 2023-04-29 20:40:53
Post date GMT: 2023-04-29 18:40:53
Post modified date: 2023-05-31 20:30:39
Post modified date GMT: 2023-05-31 18:30:39
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com