Clube de Montaña Xistra https://xistra.org/marcha-vivac-xistra-trevinca-27-28-05-2023/ Export date: Sun Nov 24 1:28:41 2024 / +0000 GMT |
Marcha Vivac Xistra - Trevinca 27-28/05/2023 - Adiada por mal tempo.Imos realizar unha actividade de marcha con durmida na Serra de Pena Trevinca, coa idea que serva para coñecer máis a serra, observar o ceo nocturno, fortalecermos o "paquete muscular" de cara á marcha de 100 km, e compartir unhas vivencias distintas das habituais nas andainas. Accederemos o sábado ás 12:00 dende Fonte da Cova. Comezaremos a marcha nas proximidades da mina de lousa da Cabrita. O percorrido aproximado sera: A Cabrita, Portillo de Puertas, Portela de Morena Cavada, Pena Vidulante, Lagoa de Patos, Picón, O Camello, rego de Riopedro, curro de Vidulante (opción vivac), río Tera, Lagoas de Piatorta, O Xanzanal, Pena Trevinca, retorno a Portela de Morena Cavada e volta ata A Cabrita. Deberemos levar roupa adecuada, comida e bebida. Agardamos atopar mananciais durante o percorrido, pero deberemos ter precaución de desinfectar a auga. Para durmir, cada quen terá que solucionar o problema co seu saco e cos seus medios. Antes do evento, faremos un estudo da climatoloxía e decidiremos se é posible a realización da marcha a 2/3 días vista. Por favor, os interesados inscribídevos canto antes para coñecer se hai demanda real desta actividade. INSCRICIÓNS ANTES DO DÍA 12/05/2023. Folla de inscrición: https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/55/TREVINCA-Marcha-Vivac-Xistra-Trevinca-27-28-05-2023/ 1 |
Links:
|
Post date: 2023-04-29 20:40:53 Post date GMT: 2023-04-29 18:40:53 Post modified date: 2023-05-31 20:30:39 Post modified date GMT: 2023-05-31 18:30:39 |
Export date: Sun Nov 24 1:28:41 2024 / +0000 GMT This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |