This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Mon Nov 25 9:29:05 2024 / +0000 GMT

Monte Aloia - Peque Ruta Xistra - 25/10/2015


peque_rutas2015Tralo descanso do verán, retomamos as actividades de Peque Rutas. Esta vez a proposta é ascender ó Monte Aloia dende a aldea de Frinxo. Unha bonita ruta que tamén ten recunchos moi interesantes por descubrir... Lembrade que a actividade é aberta para non socios, que é gratis, e que os nenos sempre deben ir acompañados dun adulto que se faga responsable deles.

Debedes facer a inscrición (indicando un móbil de contacto) a través do formulario da nosa web. Inscricion pequeruta Monte Aloia - 25102015

Datos para organizarnos... a noite do sábado para o domingo ... cambiamos a hora do reloxo!!!!
Polo tanto atentos que non vos confundades!!

08:45h - Quedamos de reunirnos todos cos nosos coches na Praza de América (na parada xunto á estatua do Emigrante - biblioteca).
Desprazarémonos ata a aldea de Frinxo (Tui) subindo pola estrada do Galiñeiro e Prado.
09:30h - Intentaremos comezar a andar antes das 10:00h
Son 4 km de ascensión e 4 de baixada.
É de agardar que esteamos todos de regreso a Frixo antes das 14:00.
... e logo: Tarde libre!!
Post date: 2015-10-04 12:25:50
Post date GMT: 2015-10-04 10:25:50
Post modified date: 2015-10-26 13:32:20
Post modified date GMT: 2015-10-26 11:32:20
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com