Clube de Montaña Xistra https://xistra.org/normas-de-organizacion-2022-covid-19/ Export date: Thu Nov 21 13:27:23 2024 / +0000 GMT |
Normas de organización 2022 - Covid-19Normas de organización 2022. Para a organización de eventos, faise necesario tomar tódalas medidas de prevención ante posibles contaxios da Covid-19, e para fomentar a práctica deportiva con seguridade e tranquilidade. A máis de facer cumprir os protocolos fisio-covid da Federación Galega de Montañismo esixirase para a inscrición en actividades de Xistra os Certificados de Vacinación e/ou outras “probas oficiais de non contaxio”, coma test antíxenos 48 h ou PCR 72 h (non válidos os autotest). Feitas as oportunas consultas ó departamento xurídico contratado polo club, a resposta é: “O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia autorizou a comprobación dos certificados mediante a lectura do código QR coa aplicación «PassCovid», desenvolta pola Consellería de Sanidade.” Non podemos solicitar estes documentos por adiantado no momento da inscrición, pero si no momento da propia actividade. Tódalas actividades de 2022, salvo indicación contraria, deberán facerse con este requisito. |
Post date: 2022-01-24 15:03:30 Post date GMT: 2022-01-24 13:03:30 Post modified date: 2022-01-24 15:03:30 Post modified date GMT: 2022-01-24 13:03:30 |
Export date: Thu Nov 21 13:27:23 2024 / +0000 GMT This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |