This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Sun Nov 24 1:54:11 2024 / +0000 GMT

Percorrido de Esquís e Raquetas FGM - Cambios Importantes


Subindo á Lagoa de OceloNunca neva a gusto de todos!

ATENCIÓN: Primeiro porque había moita neve en po e non podiamos chegar a Ancares; logo porque estaba todo reservado e coincidía coas festas de entroido; agora porque todos temos outros compromisos... Pois hai que tirar partido da neve antes de que marche!!

Así que, despois de moito falar entre responsables de Xistra e da Federación, acordamos facer esta actividade federativa tan especial o día 22 de FEBREIRO en MANZANEDA.

Haberá un percorrido de esquí por Cabeza de Manzaneda e outro de raquetas dende Requeixo ata O Seixo. Finalizadas as 2 actividades podemos achegarnos ata Chandrexa para comer.

Dada a nova organización da actividade, é preciso que todos vos volvades a inscribir no formulario web que tendes na parte superior dereita desta páxina. Importantísimo que indiquedes se ides a ESQUÍ ou a RAQUETAS. Aqueles que estaban inscritos anteriormente e que xa abonaran a reserva, recibirán en breve o reintegro da súa inscrición.

Agardemos que non haxa máis contratempos...

Punto de encontro: Chandrexa de Queixa (xunto bar Gerardo) ás 9:00h am. do 22/02/2015.
Obrigatorio inscrición previa.
Post date: 2015-02-14 14:38:53
Post date GMT: 2015-02-14 12:38:53
Post modified date: 2015-02-19 13:52:01
Post modified date GMT: 2015-02-19 11:52:01
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com