This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Tue Apr 23 17:55:40 2024 / +0000 GMT

Próximas actividades Xistra e FGM


Para os nenos e rapaces está a 2ª PROBA DA COPA GALEGA DE ESCALADA BASE
sábado, 22 de xuño de 2013
A CORUÑA
Organizan FGM-SOCIEDAD DE MONTAÑA ARTABROS
Rogamos que os que xa competiron, e obtiveron clasificación na anterior proba de Vigo, intenten asistir.
A Federación porá un autobús a prezo subvencionado de 5€/praza. Sairá o sábado ás 8:45h do quiosco da Praza de España. A competición comezará sobre as 10:30h na Coruña. O fin da competición previsto será sobre as 14:00h. Hai que levar para comer. Haberá un tempo libre pola tarde e o retorno a Vigo será con chegada as 19:00h á Praza de España. Poden ir adultos acompañando ós nenos.


Pablo chegando á meta.

Pablo chegando á meta.



Para os corredores por montaña temos:
CAMPIONATO GALEGO INDIVIDUAL DE CARREIRAS POR MONTAÑA
domingo, 23 de xuño de 2013
III CHANDREXA TRAIL-CHANDREXA DE QUEIXA-FGM-RUNNING SPORT TRAIL-CLUB ALPINO OURENSAN
Lembrade que os corredores tendes unha camiseta especial para as carreiras.
Tamén as mulleres que corran representando a Xistra e rematen a proba terán, ademais da camiseta, unha axuda de 10€.


Por favor, contactade co club para informar de se queredes participar.
CIMG1619
Por outra banda, sabendo que o Campamento FEDME de agosto ten un prezo un pouco elevado, estamos pendentes de se a Federación vai dar algunha axuda ou subvención para acudir. Esta actividade está interesante porque ademais de pasalo ben, ten o valor engadido de ser 2 puntos de baremo para cada participante.


De todas formas estamos valorando a realización dunha actividade infantil estival no Refuxio de Torrebarrio (León) que sairía moito mellor de prezo. Esta actividade será interna do club e non entra no baremo federativo (falando claro, que non da puntos!!)

Tamén temos que facer pronto o CURSO DE BARRANCOS só para socios: As datas teñen que ser pronto (nestas 3 semanas próximas) polo que rogamos que os interesados vos poñades contacto co club canto antes. O prezo sería gratuíto.

Non deixedes pasar estas oportunidades: abrimos as listaxes dende este momento.

Como sempre hai xente nova, debedes saber que os puntos son premios económicos a fin de ano. O que máis participe leva máis cartos. Como mínimo para entrar no reparto de premios é conseguir 3 puntos (moi fácil).
Post date: 2013-06-18 13:54:54
Post date GMT: 2013-06-18 11:54:54
Post modified date: 2013-06-19 17:30:06
Post modified date GMT: 2013-06-19 15:30:06
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com