This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Thu Apr 25 22:38:52 2024 / +0000 GMT

XIV Carrera Cañón del Sil (2021)


XIV Carrera Cañón del Sil (2021)


Nova edición desta carreira por montaña que se celebrará o domingo 24 de Outubro no municipio de Parada de Sil.
A XIV Carreira Canón do Sil (Copa Galega) comezará ás 09.00 horas, terá un percorrido de 33 quilómetros e levarase a cabo polas fermosas paraxes do Canón do Sil.
Paralelamente tamén se disputará a X Media Carreira (Copa Galega Junior Open), con inicio tamén ás 09.30 horas e 17 quilómetros de circuíto, e a IV Mini Carreira e Cadete Canón do Sil (Copa Galega Cadete Open), con saída ás 10.30 horas e percorrido de 7 quilómetros.
Os participantes da Carreira e da Media Carreira sairán desde a praza do Concello, mentres que os corredores da Mini Carreira e Cadete sairán desde Caxide.


O prezo das inscricións será:
-Carreira: 26 euros
-Media Carreira: 22 euros
-Mini Carreira: 18 euros
-Cadete: 3 euros


Máis información e inscricións en:
http://www.ribeirasacracm.org/
https://ccnorte.com/evento/detalle/page/3/id/2193/xiv-carreira-canon-do-sil

Post date: 2021-10-09 12:36:47
Post date GMT: 2021-10-09 10:36:47
Post modified date: 2021-10-09 12:36:47
Post modified date GMT: 2021-10-09 10:36:47
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com