This page was exported from Clube de Montaña Xistra
[ https://xistra.org ] Export date: Tue Dec 3 18:00:18 2024 / +0000 GMT |
XVIII Andainatudense Solidaria 2022 - 14/05/2022O sábado 14 de maio o club Andatui celebrará a XIII Andainatudense Solidaria 2022, cita anual para subir e gozar do monte Aloia. Sairemos ás 10:00 horas desde a praza da Inmaculada para recorrer varias rúas de Tui antes de tomar rumbo cara á senda do Lagartón e chegar a ponte das Febres, despois subiremos polos muíños de Paredes ata o alto do monte Aloia, onde xantaremos arredor da capela de san Xiao. Pola tarde pasaremos ao carón do castro Alto dos Cubos, visita que recomendamos, antes de chegar de novo a praza da Inmaculada onde finalizará a XVIII Andainatudense Solidaria. En total percorreremos sobre 23 quilómetros, tendo avituallamentos intermedios. No remate da Andainatudense faremos o sorteo de agasallos de costume. Un ano máis a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que na recollida do dorsal solicitamos entregar 1 quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros. INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS EN https://www.andatui.es/ |
Post date: 2022-04-23 12:10:21 Post date GMT: 2022-04-23 10:10:21 Post modified date: 2022-04-23 19:11:55 Post modified date GMT: 2022-04-23 17:11:55 |
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com |