This page was exported from Clube de Montaña Xistra
[ https://xistra.org ] Export date: Mon Nov 25 13:22:17 2024 / +0000 GMT |
XXI DESCENSO DE BARRANCOS – FGM - 19/07/2015FOTOS DA ACTIVIDADEPROGRAMADÍA 19 – Actividade oficial. • 9:30h: Agrupamento de participantes, na zona do Picón xunto á Casa da Pintora. • 10:00: Aproximación e inicio barranco. Río Cal, no Concello do Rosal. • 15:00h Xantar (opcional, 15€) – (rogamos indiquen na inscrición se participan na comida). • 18h: Clausura actividade. É necesario levar bebida e provisións para tomar durante o descenso. Material obrigatorio para realizar a actividade: casco, neopreno, calzado adecuado á actividade, arnés, 3 mosquetóns (MÍNIMO 1 HMS e 2 sen seguro), 2 cabos de ancoraxe e 1 oito. ATENCIÓN: QUEN NON LEVE ESTE MATERIAL INDIVIDUAL NON PODERÁ FACER A ACTIVIDADE. NON HAI ESCUSAS. IMPORTANTE: NESTA ACTIVIDADE HABERÁ UN NÚMERO MÁXIMO DE ASISTENTES. A ORGANIZACIÓN INDICARÁ O MÁXIMO UNS DÍAS PREVIOS Ó DESCENSO E SERÁ EN FUNCIÓN DA CANTIDADE DE GUÍAS-ORGANIZADORES QUE ESTEAN DISPOÑIBLES DURANTE O EVENTO. POR MOTIVOS DE SEGURIDADE, NESTA OCASIÓN, QUEDAN TOTALMENTE PROHIBIDOS OS SALTOS. A PROGRESIÓN SERÁ ÚNICAMENTE ANDANDO E EN RAPPEL. O Descenso de Barrancos FGM muda de emprazamento. Queda descartada a actividade para 2015 no Courel. A Organización resérvase o dereito a cambios en función da seguridade da proba. Regulamento: ler contido
|
Post date: 2015-07-01 13:37:22 Post date GMT: 2015-07-01 11:37:22 Post modified date: 2015-07-31 13:31:48 Post modified date GMT: 2015-07-31 11:31:48 |
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com |