Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/2021-asembleas-ordinaria-e-extraordinaria-xistra/
Export date: Sat Apr 27 2:55:27 2024 / +0000 GMT

2021 Asembleas Ordinaria e Extraordinaria Xistra


CONVOCATORIAS ASEMBLEAS XERAIS 2021

O Presidente do Clube de Montaña Xistra de conformidade co disposto no artigo 17 dos vixentes Estatutos do Club, convócalle para que asista á Asemblea Xeral Ordinaria e á Asemblea Xeral Extraordinaria a celebrar, a primeira delas, o venres día 22 de outubro de 2021 ás seguintes horas: ás 21:00 horas en primeira convocatoria, ou de non asistir o quórum necesario, ás 21:30 horas en segunda convocatoria. A Asemblea Xeral Extraordinaria será celebrada inmediatamente despois do peche da ordinaria.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Convocatoria segundo o Art. 17.1 dos Estatutos da Asemblea Xeral Ordinaria, co seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

  2. Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas 2020.

  3. Resumo de actividades 2020, proxecto 2021 e 2022.

  4. Ratificación acordo Xunta Directiva bonificacións Covid-19.

  5. Rogos e preguntas.


Só terán dereitos na asemblea os socios coa licenza tramitada de 2021.

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Convocatoria segundo o Art. 17.2 dos Estatutos da Asemblea Xeral Extraordinaria, co seguinte orde do día:

  1. Modificar os Estatutos do Club. (Está dispoñible a nova redacción dende o 13/09/2021 na web https://xistra.org 1 )


IMPORTANTE

Protocolo COVID-19: en cumprimento das medidas socio-sanitarias será obrigatorio o uso de mascara en todo momento e manter a distancia de seguridade entre os asistentes.

Tódolos interesados deberán solicitar a súa asistencia mediante a inscrición previa en https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/26/Asembleas-Xerais-2021-C-M-Xistra/ 2
dispoñible na web do club. Tamén están dispoñibles os documentos relacionados (actas, contas, e novos estatutos)


ATENCIÓN: O lugar da reunión será no Edificio das Federacións Deportivas de Vigo, rúa Fotógrafo Luís Ksado 17 (zona Miñoca - Coia), 36209 de Vigo.
Links:
  1. https://xistra.org/
  2. https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/26 /Asembleas-Xerais-2021-C-M-Xistra/
Post date: 2021-10-11 12:32:57
Post date GMT: 2021-10-11 10:32:57

Post modified date: 2021-11-02 23:02:26
Post modified date GMT: 2021-11-02 21:02:26

Export date: Sat Apr 27 2:55:27 2024 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com