Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/cursos-de-escalada-fgm-axudas-xistra/
Export date: Thu Mar 28 16:34:38 2024 / +0000 GMT

Cursos de escalada FGM - Axudas Xistra.


No calendario da FGM/EGAM hai previstos uns cursos relacionados coa escalada. Sabemos que algúns de vós estades moi interesados nos mesmos. Por iso imos publicitalos e axudalos:

12/13 outubro 2013 - CURSO DE ESCALADA EN ROCÓDROMO - 75€ - 12 Prazas

19/20 outubro 2013 - CURSO DE ESCALADA EN BLOQUE (BUDIÑO) - 75€ - 16 Prazas

A subvención de Xistra para os seus socios será de 40€, quedando cada curso nun custe de 35€. Só serán subvencionados 4 participantes por curso, seguindo a rigorosa orde de inscrición. As inscricións deberán tramitarse directamente no club (mediante correo electrónico) e facer o ingreso do curso (antes de 24h dende a remisión do correo electrónico).

Apuntádevos pois as prazas son moi limitadas e é para toda Galicia.
Post date: 2013-09-14 17:33:39
Post date GMT: 2013-09-14 15:33:39

Post modified date: 2013-09-14 17:33:39
Post modified date GMT: 2013-09-14 15:33:39

Export date: Thu Mar 28 16:34:38 2024 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com