Cursos de escalada FGM – Axudas Xistra.

No calendario da FGM/EGAM hai previstos uns cursos relacionados coa escalada. Sabemos que algúns de vós estades moi interesados nos mesmos. Por iso imos publicitalos e axudalos:

12/13 outubro 2013 – CURSO DE ESCALADA EN ROCÓDROMO – 75€ – 12 Prazas

19/20 outubro 2013 – CURSO DE ESCALADA EN BLOQUE (BUDIÑO) – 75€ – 16 Prazas

A subvención de Xistra para os seus socios será de 40€, quedando cada curso nun custe de 35€. Só serán subvencionados 4 participantes por curso, seguindo a rigorosa orde de inscrición. As inscricións deberán tramitarse directamente no club (mediante correo electrónico) e facer o ingreso do curso (antes de 24h dende a remisión do correo electrónico).

Apuntádevos pois as prazas son moi limitadas e é para toda Galicia.

         

Esta entrada fue publicada en Cursos, FGM. Guarda el enlace permanente.