Faite Socio!

Para ser socio de Xistra tes que solicitar a túa alta (pasos):

  • Solicitar a túa alta e agardar á súa aceptación polo club (precisas o aval de 2 socios).
  • Obter a licenza federativa FGM/FEDME con XISTRA
  • Pagar a cota anual de 10 €

Documentos de alta socios:

ATENCIÓN: Tódalas solicitudes de inscrición no club son supervisadas pola Xunta Directiva. Poderá denegarse a inscrición daquelas persoas ás que os membros da Xunta Directiva (vo visto e prace do Presidente) consideren, de forma razoada e obxectiva, inadecuadas ou que teñan realizado actividades contrarias os Estatutos sociais do noso club. Así mesmo poderán ser expulsadas aquelas persoas que, segundo Estatutos e en Aplicación da Lei do Deporte, sexan sancionadas desta forma.

Documentos de renovación anual de socios:


 VANTAXES DA LICENZA

  • Seguro deportivo
  • Préstamo de material do Club (consulta o documento de préstamo do material do Club)
  • Descontos en comercios (ver: fgmontanismo.es/vantaxes)
  • Participar con preferencia nas actividades federativas
  • Gran variedade de actividades federativas, do club e cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
  • Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional
  • Prezos reducidos nos refuxios galegos
  • Participar en actividades divulgativas
  • Tódalas vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME: www.ventajasfedme.es

ATENCIÓN: Licenzas válidas por ano natural. Tódalas licenzas caducan o 31 de decembro.

DESCONTOS EN: