Clube de Montaña Xistra https://xistra.org/exito-da-marcha-de-vivac-fgm-xistra/ Export date: Fri Nov 22 15:26:03 2024 / +0000 GMT |
Éxito da Marcha de Vivac FGM - XistraA XXVI Marcha de Vivac da FGM celebrouse esta fin de semana pola Serra do Xurés. Se a participación foi un pouco escasa, isto non desmereceu a actividade. Organizada e levada en horario, permitiu a realización de forma tranquila, o que facilitou que tódolos participantes gozaran das fermosas e graníticas vistas desta serra. A auga foi máis escasa do que estaba previsto, pero en ningún momento fixo perigar a actividade. O vivac foi realizado baixo o Nevosa. A noite foi tranquila e alumeada polas estrelas e a Vía Láctea. No final da marcha en San Paio (Lobios), despois de refrescarse no bar da aldea, uns participantes gozaron das duchas do Refuxio federativo de Albite e outros das pozas do río Caldo. Realizouse a clausura da actividade no restaurante A Entrimeña, entregando uns agasallos conmemorativos e funcionais. Participaron 3 socios de Celtas, 4 de Fontiñas, 1 de Budiño Trail, 6 de Trevinca M.G. e 9 de Xistra. Podedes ver vídeos da subida neste enlace: aquí |
Post date: 2013-06-17 12:37:07 Post date GMT: 2013-06-17 10:37:07 Post modified date: 2013-07-30 16:44:34 Post modified date GMT: 2013-07-30 14:44:34 |
Export date: Fri Nov 22 15:26:03 2024 / +0000 GMT This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |