This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Sat Nov 23 12:02:37 2024 / +0000 GMT

ANULADA - Vigo25km e Vigo10km 2022




ANULADA
ANULADA
ANULADA

OPEN ANDAINAS 25 km
VIGO25km

VI Proba da
COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 25KM 2022


Vigo25km e Vigo10km 2022


O 30 de outubro celebraremos dúas andainas deportivas, polos Montes de Vigo. Haberá unha marcha popular de 10km e a proba oficial de 25km.
 


Información das rutas:





  • Andainas abertas a tódalas persoas interesadas en facer deporte, adultos e nenos maiores de 14 anos.


  • Distancias: Dúas distancias: 25 km e 10 km aproximadamente


  • Dificultades: Alta-Técnica (25km) e Media-Baixa (10km)


  • Para os deportistas non federados en montañismo o organización tramitará o seguro deportivo obrigatorio para a proba.


  • Prezos:



    • Participante na Andaina: 13 €


    • Participante na Andaina federado FGM/FEDME: 10 €




INSCRICIÓNS AQUÍ: Pasarela de pago seguro Xistra




A inscrición inclúe (entre outras cousas):


  • Permisos e autorizacións


  • Dorsais


  • Agasallos a participantes


  • Avituallamentos durante o percorrido (aprox. cada 6 km) [lembrar levar vaso]


  • Sistemas de control durante a marcha


  • Incidencias de inscritos e pasarela web


  • Marcaxe do trazado


  • Equipo vasoira


  • Recollida da marcaxe


  • Asistencia para retirada de deportistas accidentados


  • Ambulancias


  • Seguro deportivo obrigatorio


  • Seguro de RC entidade


  • Servizos hixiénicos na saída e chegada


  • Zona estiramentos


  • Duchas e vestiarios


  • Invitación consumición bebida fin da proba


  • Diplomas finisher


Nota Federados FGM/FEDME




OS FEDERADOS FEDME/FGM DEBERÁN OBRIGATORIAMENTE PRESENTAR O SEU DNI E A SÚA LICENZA NO MOMENTO DA ACREDITACIÓN. DE NON FACELO A ORGANIZACIÓN CONSIDERARÁ QUE NON ESTÁN FEDERADOS E NON PODERÁN PARTICIPAR XA QUE NON TERÁN SEGURO OBRIGATORIO.





Peche de inscricións: Martes, 25 de outubro ás 23:59 horas











Outras informacións





  • Acreditacións: ás 8:15 no lugar da saída. Pincha aquí para obter a localización.


  • Farase entrega do Dorsal a cada participante.




  • ATENCIÓN: Os vehículos deben aparcar por riba das instalacións, para non bloquear o acceso ó campo. Ou abaixo, no torreiro da Capela de San Sebastián.


  • Hora de saída marcha 25km: 9:00 am


  • Hora de saída marcha 11km: 10:00 am


  • Punto de chegada: o mesmo que a saída.


  • O percorrido da ruta estará sinalizado con frechas e cintas.

  • OBRIGATORIO: vaso ou cantimplora. Non haberá vasos nos avituallamentos (redución de residuos)




  • Inscríbete canto antes. Non te demores. Prazas limitadas.


  • Convida a tódolos teus amigos e coñecidos!



Importantísimo







    • Os menores de idade deberán ir acompañados obrigatoriamente dun adulto que se faga responsable.

    • Obrigacións recollidas no Regulamento FGM 2022 para as probas de 25km:

    • OS PARTICIPANTES DEBERÁN LEVAR O SEU VASO PROPIO.
      Os avituallamentos líquidos serán en vaso ou a granel, polo que cada participante deberá levar unha cantimplora ou similar para poder encher nos controis.

    • Lembramos o Artigo 17 do Regulamento en vigor:
      Obrigas dos participantes:

      • a) Levar a licenza federativa vixente (se corresponde) acompañada do DNI que deberá estar presentada a calquera membro da organización que o solicite.

      • b) Seguir as indicacións dadas por calquera membro da organización.

      • c) Avisar en caso de incidencia ou abandono ao control ou aviso máis próximo, ou á organización por medio do teléfono indicado na tarxeta ou dorsal.

      • d) Prestar asistencia aos participantes que precisen axuda.

      • e) Respecta as propiedades, as casas de labranza e os cultivos en xeral.

      • f) Non danar á natureza nin deixar residuos.

      • g) Non participar con cans ou outros animais de compañía.

      • h) Quedará prohibido comunicar información relativa á estratexia da marcha entre participantes, utilizando teléfonos móbiles, walkie-talkies ou calquera outro medio.

      • i) Deberán levar o material necesario:

        • a)- Sistema de hidratación

        • b)- Roupa adecuada ás condicións meteorolóxicas

        • c)- Mochila ou equivalente

        • d)- Frontal no caso de que a proba sexa de noite ou haxa que cruzar por túneles.

        • e)- Elementos reflectores (en caso de cruzar estradas)



      • j) Ademais deste material mínimo, a entidade organizadora terá competencias para solicitar calquera outro material que, polas características da proba, sexa necesario.

      • k) O feito de que o participante se inscribe nunha proba é indicación de que coñece o seu regulamento.



    • SON ESPECIALMENTE RELEVANTES OS PUNTOS F) e G).

      • f) Non danar á natureza nin deixar residuos.

      • g) Non participar con cans ou outros animais de compañía.



    • Non tendo autorización para unha proba con animais, as Autoridades, a Federación e os Seguros Deportivos e Seguros de Responsabilidade Civil da proba prohiben a súa participación.
      Pregamos a tódolos participantes cumpran con esta normativa ou serán apartados da andaina e do Open.









Máis información:




Post date: 2022-09-24 19:54:19
Post date GMT: 2022-09-24 17:54:19
Post modified date: 2022-10-18 14:23:33
Post modified date GMT: 2022-10-18 12:23:33
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com