Montaña Palentina – Saída Invernal 25-28/03/2017

Espigüete

Saída invernal a Palentinas (Montaña Palentina). Conxugando o festivo local en Vigo, imos facer unha “ponte festiva – montañeira”. Iremos o sábado pola mañá cedo para durmir nun hostal en Cardaño de Abajo (Triollo – Palencia). Pregamos que axudedes a compartir gastos de vehículos. Os prezos da durmida aínda non están pechados e dependerán do número de inscritos.
Outros datos: Saída Invernal (posiblemente con neve).
ÚLTIMO DÍA DE INSCRICIÓN: Mércores 15/03/2017 (por motivo de reserva hostal).
Ascensións en función da climatoloxía e condicións de neve. Raquetas, crampóns, piolet.
Non hai folla de inscrición: debedes chamar ó club ou mandar un email para inscribirvos.

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, Rincón do Socio, Varios. Guarda el enlace permanente.