12/03/2020 – Emerxencia Sanitaria Coronavirus COVID-19

Guláns, 12 de marzo de 2020

Ante as circunstancias de emerxencia sanitaria que estamos a sufrir, dende Andaguláns vémonos na necesidade de APRAZAR a Andaina de Guláns 25 km do próximo domingo 22 de marzo de 2020.

A Asociación Artístico Cultural de Guláns, o Clube de Montaña Xistra e Andaguláns senten tomar esta decisión obrigados polas circunstancias que esta a sufrir o noso País.

Unha vez superada esta emerxencia sanitaria proporemos nova data para a celebración da nosa Andaina. Todos aqueles andaríns que xa estean inscritos e non podan acudir na nova data, seralles devolto o importe da sua inscrición.

A ORGANIZACIÓN


Preguntas frecuentes:

* As probas do Open aprazadas, ¿para cando van ser?

  • Ante a situación de emerxencia de saúde pública, son as Autoridades Sanitarias e os Gobernos do Estado e das Comunidades Autónomas as responsables de marcar as medidas de protección individual e colectiva necesarias.
  • As nosas organizacións deportivas, seguindo estas recomendacións, estaremos atentos para convocar as novas datas en función da diminución da alerta ou desaparición da mesma.
  • En canto poidamos, procederemos a indicar as novas datas.

* Ides devolver os cartos? Cando?

  • Si, devolveremos os cartos se non podes asistir na nova data.
  • Para facilitar a xestión, aqueles deportistas que xa estean inscritos e que por calquera motivo non poidan acudir na nova data asignada a esa proba, deben solicitar a devolución do importe da súa inscrición e os organizadores procederan coa maior dilixencia.
         

Esta entrada fue publicada en Actividades, Concursos, Cursos, FGM, Rincón do Socio, Varios. Guarda el enlace permanente.