19/04/2020 – Día do Sendeirista de Galicia

Invitación da Federación e do club Os Sendeiros de Foz.

Este ano, o noso club ten o pracer de organizala e agardamos que sexa do agrado de todos vos. Nós estamos traballando con ilusión para que novamente poidamos xuntármonos os Montañeiros e Sendeiristas Galegos nesta actividade que tanto nos une.

Sirva este primeiro contacto para adiantarvos que a zona escollida para realizar esta actividade será no Concello de Folgoso do Caurel (Lugo) e a mesma transcorrerá polos sendeiros Ruta Devesa da Rogueira II.

Que estas letras sirvan para animarvos e que animades aos vosos socios a participar nesta nova edición. Agardamos que deades a máxima difusión a esta actividade, na cal todolos participantes levarán o seu agasallo.

Lembrarvos que todos os participantes deberán estar en posesión da licenza federativa.

Nunha próxima comunicación vos daremos unha información mais detallada, quedando a vosa disposición para aclarar calquera dúbida que teñades sobre a mesma. Agardando saudarvos persoalmente nesa data, recibide mentres unha forte aperta.

         

Esta entrada ha sido publicada en Actividades, FGM, Rincón do Socio y etiquetada como , . Guarda el enlace permanente.