CONVOCATORIAS ASEMBLEAS XERAIS 2021
O Presidente do Clube de Montaña Xistra de conformidade co disposto no artigo 17 dos vixentes Estatutos do Club, convócalle para que asista á Asemblea Xeral Ordinaria e á Asemblea Xeral Extraordinaria a celebrar, a primeira delas, o venres día 22 de outubro de 2021 ás seguintes horas: ás 21:00 horas en primeira convocatoria, ou de non asistir o quórum necesario, ás 21:30 horas en segunda convocatoria. A Asemblea Xeral Extraordinaria será celebrada inmediatamente despois do peche da ordinaria.
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Convocatoria segundo o Art. 17.1 dos Estatutos da Asemblea Xeral Ordinaria, co seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
- Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas 2020.
- Resumo de actividades 2020, proxecto 2021 e 2022.
- Ratificación acordo Xunta Directiva bonificacións Covid-19.
- Rogos e preguntas.
Só terán dereitos na asemblea os socios coa licenza tramitada de 2021.
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Convocatoria segundo o Art. 17.2 dos Estatutos da Asemblea Xeral Extraordinaria, co seguinte orde do día:
- Modificar os Estatutos do Club. (Está dispoñible a nova redacción dende o 13/09/2021 na web https://xistra.org )
IMPORTANTE
Protocolo COVID-19: en cumprimento das medidas socio-sanitarias será obrigatorio o uso de mascara en todo momento e manter a distancia de seguridade entre os asistentes.
Tódolos interesados deberán solicitar a súa asistencia mediante a inscrición previa en https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/26/Asembleas-Xerais-2021-C-M-Xistra/
dispoñible na web do club. Tamén están dispoñibles os documentos relacionados (actas, contas, e novos estatutos)
ATENCIÓN: O lugar da reunión será no Edificio das Federacións Deportivas de Vigo, rúa Fotógrafo Luís Ksado 17 (zona Miñoca – Coia), 36209 de Vigo.