Publicouse o día 08/08/2022 unha relación de subvencións concedidas pola Deputación de Pontevedra para entidades deportivas.
A nosa solicitude recibiu unha adxudicación de 1.135’81 € (é dicir, respecto dos 2.500’00 € de 2021 maniféstase un descenso sobre o ano precedente dun 55%), cantidade que deberemos xustificar a partir do peche do exercicio deportivo de 2022.
A pesares da importante reducción respecto do ano precedente (pero en liña doutros anos previos á Covid), a Xunta Directiva e o Presidente estamos satisfeitos pola axuda que colaborará a cadrar as contas do exercicio, especialmente nun ano que estamos aportando recursos dende a entidade para sufragar os encarecidos desprazamentos ás áreas de alta montaña.